viernes, 17 de noviembre de 2017

Así Cociñamos No Outono

Hoxe deixámosvos ricas receitas para cociñar no Outono. CLICADE EN CADA FOTO PARA QUE COMECE CADA PRESENTACIÓN.

jueves, 16 de noviembre de 2017

Sobre Plantas E Follas

Hoxe traemos ata o blogue algunhas das nosas plantas.
Completadas coas follas e con moito detalle.
Algunhas parecen plantas moi normais.
Pero outras, como vedes, son plantas moi singulares.
Todas teñen moito colorido.
Precisión e pormenores.
 E é que todas foron debuxadas con moito agarimo.
 CLICAR AQUÍ E VER MÁIS PLANTAS E FOLLAS

miércoles, 15 de noviembre de 2017

Laberinto No Teatro

Un luns fresco, o aire arrecendía a canela, a luz estendíase polas rúas... 
Iamos ao teatro ver unha fermosa e singular obra: “Laberinto”.
Para iso saímos moi cedo da escola.
Estamos no outono e iso comezaba a sentirse nas árbores das prazas.
Que espallaban as súas follas polo chan.
Pasamos por diante do Museo de Pontevedra.
O rosetón de San Francisco contemplábanos desde as alturas.
E a Ferrería amosábase aínda valeira de persoas.
Parecía que só nós camiñabamos pola nosa cidade.
Aínda que os personaxes da “Tertulia” xa estaban alí a latricar.
Mentres Teucro nos vixiaba dende a súa atalaia da Sede de AFundación.
Esperamos a que todos os coles chegaran... E de repente... A obra comezou!
Ía sobre un neno, máis ben un mozo, que tiña problemas coa súa familia porque non lle mercaban o que el quería.
Eses problemas aparecíanlle en soños onde por medio de metáforas trataba de resolvelos.
Un dos soños representaba O Laberinto que era a situación en que el se encontraba.
Saír do laberinto, resolver os problemas, non é doado.
Ás veces parece que aparecen novos desafíos.
Pero coa axuda dos seus amigos e da familia, o rapaz puido solucionalos.
Ao final os actores fixeron un selfie con eles e todos os espectadores.
E nós regresamos felices e contentos á escola.
Co ruxerruxe das follas aos nosos pés.
Mauro Lago Nogueira e Lucía Cancela Rodríguez 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO TEATRO 

viernes, 10 de noviembre de 2017

Por Fin Chegou O Magosto!

E por fin hoxe 10 de novembro chegou o magosto á escola!
E non se podía celebrar mellor que realizando moitas actividades.
A nós, os de 3º Ciclo, tocounos en sorte saltar á corda.
Sara resultou gañadora en dúas ocasións!
E Brais saltaba con moito xeito!
Non deixamos atrás a carreira de sacos... Onde algúns de nós resultaron algo magoados pola paixón que lle poñiamos...
Tamén participamos en xogos co paracaídas e outros lanzando aros a picas e ladrillos.
E claro, non podería ser un bo magosto sen castañas...
No momento do recreo cando chegamos ao patio xa vimos que as estaban asando.
Sempre resulta interesante e puxémonos todos a mirar un bo anaco...
Mentres nós estabamos cos xogos fóronse asando todas e logo chegou o momento de repartilas...
E comelas...
Ummm... eran poucas pero... que boas estaban!!!
Por certo que... mirade que bolsas tan artísticas pintamos para a ocasión!
Despois de rematado todo, subimos á aula e rematamos o día escoitando unha boa música!
 Breixo Fentanes Gago e Yago Amoedo Martínez 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO MAGOSTO 

jueves, 9 de noviembre de 2017

Así Vemos A La Bruja Del Este

Hoy os dejamos nuestras versiones de la Bruja del Este.
 Aquí la tenéis volando en su escoba.
¡Ahora colgada de la misma Luna!
Y de nuevo una vuelta de escoba.
¡Un ratito de descanso no viene mal!
Seguro que no es tan mala si la convertimos en hada!
¿Y qué tal con corona?