sábado, 24 de septiembre de 2011

E Así Somos Algúns Dos Nenos e Das Nenas de 5º B

Chámome Aldara, teño 10 anos e estou no Colexio Vilaverde.
Detrás das miñas gafas de cor negro e branco poderedes ver os meus ollos castaños. Gústame levar solto o meu pelo tamén  castaño e sempre teño un sorriso na cara para pasar feliz a vida. Gústame a roupa que está de moda e sempre levo un reloxo azul e un anel de ouro. Os meus pais compráronme un hámster precioso chamado Bollito. Toco o piano e antes ía a ballet. Encántame andar en patíns ou en bicicleta polo centro onde coñezo novos amigos. Cando vou á praia estou todo o día nadando e buceando. Se teño tempo leo, porque me gusta moitísimo...
 
Ola, chámome Antón, teño os ollos de cor marrón escuro e o pelo castaño. Son moreno, delgado e mido aproximadamente 1´40 cm. Gústame ser bromista, facer rir aos demais e que o pasen ben ao meu carón. Xogo ben ao baloncesto e tamén son bo nadador. Gústame ler e ver a televisión, pero o que máis me gusta de todo son os videoxogos...



Ola, chámome Isabel. Teño os ollos marróns e o pelo castaño que case sempre levo solto, con diademas, con moños ou con coletas... Gústame vestirme con vaqueros, mallas, shorts, vestidos e saias. Encántame ir á piscina e xogar cos meus amigos e amigas. Tamén me gusta ir cos meus pais e a miña irmá a montar en bici. Nos meus ratos libres vexo películas, leo e xogo coa miña veciña. E cando vou a Madrid ver a miña familia, adoro ir aos centros comerciais. Tamén me gusta ver ás miñas amigas e coidar das miñas curmás cando vou á casa da miña tía.

Eu chámome Javi e teño o pelo marrón e os ollos castaños. Gústame vestir de chándal e na cabeza sempre levo gomina porque me gusta o pelo de punta. Non me gusta levantarme cedo polas mañás, pero encántame xogar co meu can porque sempre se me agarra coas súas patas á cintura e tamén me lambe a cara... A miña maior afición é o fútbol e tamén o atletismo, pero non me gustan nada nin o ballet nin  a natación. Ah! E sempre intento ter un sorriso na cara para que a xente me vexa alegre...

Aldara Fernández Fernández, Isabel Recarey Benito, Antón Freire Barcia, Javier González Carballo. 
5º B

Iniciamos O Noso Voo

OLA!!!
Somos a clase de 5º B do CEIP Vilaverde Mourente e este é o noso blogue...
Somos “As Aguias De Lume”.
Para elixir este nome primeiro cada persoa da clase deu a súa opinión, realizáronse diferentes propostas,   despois escribímolas no encerado e finalmente fixemos unha votación.
Había diferentes nomes, case todos relacionados com animais... E a nosa escolla, por bastantes votos de diferenza sobre as outras posibilidades foi esta que agora leva o título do noso blogue e que esperamos que a vós, os nosos lectores, tamén vos guste:
 “As Aguias De Lume”

No blogue escribiremos sobre todo o que nos pase na escola, e tamén algunhas experiencias que vivamos fora dela... Tamén aceptamos participacións de persoas que non sexan de quinto... Así que se vos animades… Xa sabedes: Esperamos con moita ilusión as vosas colaboracións…
E feita a presentación… Agora si que xa emprendemos o noso voo… Acompañádenos!!!
Alumnado de 5º B