jueves, 31 de mayo de 2012

Un Fin De Semana Muy Deportivo

Este último fin de semana de mayo, algunos de nosotros hemos competido en varios deportes:

Helena participó en el primer torneo "Amizade" de gimnasia rítmica celebrado en el Pabellón Municipal De Los Deportes De Pontevedra, con su club Treboada, en la categoría de  individual alevín compitiendo en la modalidad de aro. En su ejercicio individual quedó de 4ª y con el conjunto infantil consiguieron nada más y nada menos que la 1ª posición llevándose a casa la medalla de oro.


El equipo de Nicolás, el Marcón Atlético, perdió 1-2 contra El Portero 2000... Pero eso sucedió por culpa del árbitro, que pitó una falta inventada a favor del  equipo contrario.

 El equipo de Uxío en un partido de padel celebrado en Monteporreiro consiguieron mantener la 3ª posición en la tabla clasificatoria.


Antón, en el torneo de La Cruz Roja , celebrado en el pabellón de los deportes de Pontevedra, se clasificó de 3º pero así mismo por culpa del árbitro, que le dio a su contrincante un punto, técnicamente un kaisheet... que no había merecido en absoluto porque ni siquiera el aire llegó a rozar la cabeza de Antón... Pero así es la vida del deportista...


                              

Anxo en el  torneo de balonmano "Príncipe Felipe" con su equipo quedó  2º consiguiendo la medalla de plata y también una copa con la figura de un jugador de balonmano lanzando el balón.





Tomás participó con su equipo de rugby: El rugby Club Pontevedra en el torneo Internacional de rugby celebrado en Vigo consiguiendo el primer puesto por el gran esfuero realizado por todo el equipo.


Y hasta nuestra profe Mary Carmen se atrevió con una caminata de 50 km que se celebra en Allariz todos los años y que es conocida como la Andaina de Allariz.



Helena Pascual Tajes, Nicolás Regueira Piquenque, Anxo Vidal Garcia, Antón Freire Barcia, Uxío Tobío Juan, Tomás Rodríguez Durán 5º B


Y hoy, en el apartado musical  os dejamos "La Valse D´Amélie", que es el fondo musical de la actuación de Helena con el aro. ¡Que la disfrutéis!
 

miércoles, 23 de mayo de 2012

Encontro Musical Con Pesdelán

O mércores 16 de maio vímonos sorprendidos cunha actuación do grupo musical  Pés de Lán.
Todos os cursos, ademais de asistir á actuación, tiñamos que interpretar unha canción. A nosa, a de 5º B era "O Pingacho" e fomos os últimos en actuar!
Tamén estivemos ensaiando outra canción chamado O Baião, que despois bailamos xunto con todo a escola.
Gustounos moito Pesdelán e tamén estivemos encantados de participar bailando, ao igual que o resto da escola... E cando remataron non deixamos de pedir: Outra!, Outra!
Pero xa non había tempo para máis!... Ao marcharmos, algunhas persoas tiveron a sorte de que lles firmaran un autógrafo na libreta!
Aldara  Fernández Fernández, Isabel Recarey Benito e Javier González Carballo 5º B 

VER AQUÍ TODAS AS FOTOS DA FESTA 

martes, 22 de mayo de 2012

Celebración Das Letras Galegas

Neste mes de maio, como sabedes estamos a celebrar o Día das Letras Galegas.
Este ano dedícase ao autor Valentín Paz Andrade. Durante días estivemos a realizar actividades como cñecerer a súa biografía, ler os seus poemas, inventar poesías...
E con ese motivo, o martes día 15 de maio, no patio, tivemos unha celebración conxunta na escola. Alí limos as poesías gañadoras de cada clase. Da nosa, foi Aldara a elixida e recibiu de agasallo un libro titulado "Os cabalos do meu tío" e tamén recibiu un diploma xunto con Sara que quedou 2ª e Dalila que quedou 3ª. 
Foi divertido porque tamén lemos os chistes gañadores en cada nivel e escachamos coa risa. Da nosa clase interpretouno Joel, xa sabedes... Aquel chiste de san Antoniño e a figura de chocolate...
Javier González Carballo, Isabel Recarey Benito e Aldara Fernández Fernández 5º B
VER AQUÍ TODAS AS FOTOS 

martes, 15 de mayo de 2012

Un Día Moi Poético E Chistoso

Neste mes celebramos o Día das Letras Galegas.

 Entón nós, estes últimos días estivemos inventando poesías e contando chistes en galego. E o venres 11 de maio recitamos as poesías elexidas diante de todo quinto e sexto. Todas estaban moi bonitas.

 Da nosa clase o primeiro premio foi para Aldara, de segunda quedou Sara e Dalila de terceira.


Despois comezamos a contar os chistes para compartir unhas risas e para escoller os dous mellores que serán contados no acto xeral de celebración das Letras Galegas na escola.

 De quinto nivel resultou gañador o contado por Joel, da nosa clase.

Algúns dos chistes máis graciosos foron os de Sara , Helena, Eduardo...

O ambiente era animado e competitivo porque todos querían gañar e estábanse a contar chistes moi graciosos.


 Deixámosvos aquí os chistes gañadores na nosa clase: os contados por Sara e Joel:



Unha rapaza loira vai a un concurso  e as súas amigas están animándoa.
Entón o xurado pregúntalle:
-¿Canto é un máis un?
E ela  responde:
-Un...Máis un.... ¡¡¡Catro!!!
-Sentímolo moito pero non é correcto.
Di o xurado.
E as amigas gritan:
-¡¡¡"Outra oportunidá", "outra oportunidá!!!

E o xurado dille:
-Veña, vale,  dámosche outra oportunidade. ¿Canto é dous máis dous?
E a rapaza responde:
-Dous... Máis dous... ¡¡¡Seis!!!
-Sentímolo moito pero non é correcto, dille o xurado
E as amigan exclaman:
-¡¡¡"Outra oportunidá, outra oportunidá"!!!
E o xurado respóndelle:
-Vale, a última. ¿Canto é un máis un?
E a rapaza contesta:
-Un máis un... ¡¡¡Dous!!!
-¡¡¡"Outra oportunidá, outra oportunidá"!!!

Isto é unha parroquía que devía moito diñeiro. O tellado da igrexa estaba roto e non tiñan diñeiro nin para arranxalo. E claro, o cura xa estaba farto de mollarse cada vez que chovía. Entón tivo unha idea: ir vendendo todos os santos que tiña no altar.
O primeiro que vendeu foi San Antonio e, para que a xente nos se dera conta de que xa non estaba, substituiuno por unha figura de chocolate do mesmo tamaño.
E unha tarde que facía moito calor, o chocolate derreteuse e a figura desfíxose.

Entón o sacristán entrou na igrexa e, ao ver todo aquilo esparcido polo chan, alá vai el correndo:
-¡¡¡Señor cura, señor cura, San Antoniño caghou na ighrexa e marchou!!!

Joel Moreira Fernández, Eduardo Lores Baamonde, Antón Freira Barcia e Jorge Iglesias Acuña 5º B
VER AQUÍ TODAS AS FOTOS DOS ENSAIOS E DAS ACTUACIÓNS

sábado, 12 de mayo de 2012

Prenderle Fuego A La Lluvia


 Y por fin, después de tantas semanas le prendimos fuego a la lluvia.

Ya hacía  unas semanas  en las que queríamos que saliera el Sol, y la madre naturaleza ha debido escuchar nuestros sueños. ¡Y aquí lo tenemos brillante y radiante de esplendor!

Y os dejamos también la música de Adele: Set Fire To The Rain... ¡Que la disfrutéis!
Isabel Recarey Benito y Sara Mirón Caldas 5º B

domingo, 6 de mayo de 2012

E No Día das Nais...


Nai!
¿Que é unha nai?

Seguramente haberá cousas que non nos deixen facer... Pero é polo noso ben!
 Ao mesmo tempo aínda que non as atendamos, sempre, sempre dirán: Quérote!

Iso é unha nai! A que sempre está ahí!

Sara Mirón Caldas 
5º B 

E na parte musical hoxe deixamos esta canción de ABBA: "Mamma mia"


E tamén: "The Mom Song" de Big Time Rush               PARABÉNS PARA TODAS!!!!!!!!!!!

sábado, 5 de mayo de 2012

Paisaxes Con Mar

A Illa de Arousa
A Illa de Arousa atópase na Ría de Arousa (Rías Baixas). Ten 36 Km de costa e 11 Km de praia. Para chegar a ela hai que atravesar unha ponte de 2 Km de longo ou ir en barco e atracar nun dos seus peiraos, sendo o do Xufre o máis importante. Alí hai moitos barcos pesqueiros e tamén  iates.

O mirador do Santo, que é o punto máis alto, atópase ao norte da Illa e dende alí  pódense contemplar o pobo, o peirao do Xufre e o do Campo, a ponte, Vilanova de Arousa e as bateas que están ó redor da Illa.

Na costa norte atópase o Faro ó que se chega dende hai un ano por un camiño que bordea a Illa dende o Peirao do Xufre ata o Faro. Ten un restaurante e unha terraza exterior dende a que se pode observar un solpor espectacular.

Se se vai paseando dende o Faro ata o Peirao de Campo pola costa oeste da Illa, parte do camiño que bordea a Illa faise sobre un paseo de madeira rodeado de piñeiros. Nesta zona hai moitas rochas con formas caprichosas que os illáns nomearon como Con dos Tres Pés, Con do Fuciño do Porco, Con do Cocodrilo...

A zona Sur da Illa está ocupada polo Parque Natural de Carreirón. Está catalogado como zona de protección para as aves, polas poblacións de garza real, entre outras aves que habitan na Illa. Dentro do parque hai unha lagoa de auga doce e ó lado, un Muiño de Mareas, que está habitado.

Depende de onde sopre o vento podemos ir a unha praia ou a outra. Se fai vento do N. vas á praia da Lameira ou das Margaridas, dende a que se ve ó lonxe O Grove. Para chegar a ela hai que andar entre xuncos  e moitas veces témonos atopado coelliños e lagartixas. Se fai vento do S. á praia da Area Secada ou da Escorregadoira. Os días de marea alta é mellor non ir á praia porque se non móllaseche a toalla, porque non hai area.

Hai praias para todos os gustos. De auga fría, de auga quente, de auga morna... E se queres unha "masaxe" de pedruscos, recomendaríache a praia do Vao que é a primeira que se ve ó entrar na Illa, e que está mirando ó continente. Seguindo pola costa hacia o Sur, despois do Vao está a praia da Camaxe e Camariñas, onde había pantanos e por iso hoxe, cando empeza a porse o sol, pícanche os mosquitos que aparecen de repente en grandes grupos.

Cando estamos na praia,  rara é a vez que non vemos pasar unha dorna ou outro barco tradicional, coas súas velas brancas ondeando ao vento. Outras embarcacións percorren as súas augas para practicar o esquí acuático, submarinismo, a pesca o piragüismo ou simplemente para gozar das praias, do sol e do mar.
Aldara Fernández Fdez 5º B    

A Praia Pragueira
A miña praia preferida  é a Pragueira  porque vou alí dende que era pequechiño. No inverno está deserta, pero ao chegar o bo tempo énchese de xente como tódalas demais. É unha praia longa con moitas rochas. Cando baixa a marea dedícome a coller caranguexos, peixes pequenos, camaróns... 
Pero nunca lles fago dano, sempre os volvo deixar no seu sitio. 
Hai veces que a auga está conxelada e outros días está morne. A min gústame que estea temperada pero cando está fría é divertido porque cando vou camiñando co meu pai pola orilla, el colle auga sen que me dea conta e bótama por enriba.
Nesta praia sempre me sinto moi a gusto. É a miña praia!
Antón Freire Barcia 5º B

A praia Lapamán
Cando estou alí, vexo unha paisaxe con todo tipo de elementos como bateas, mexillóns, gaivotas, illas, etc. Se estou alí sinto e escoito a brisa do mar. Cando estou só non quero xogar coa area nin ir coller cangrexos nas rochas. 

Algunhas veces apetéceme ir ás dunas pero meus pais non me deixan pisalas porque se non  desfanse. Ás veces atopo nenos e xogo con eles aínda que non sexan meus amigos.
Estou esperando ao verán para ir outra vez á praia Lapamán e xogar cos meus amigos.
Nicolás Regueira Piquenque 5º B

A Praia Das Catedrais
A praia das Catedrais caracterízase polos arcos que teñen as rochas que nela hai e polas covas. Encóntrase en Ribadeo. A praia das catedrais só se pode ver con marea baixa. 

Cando fun cos meus pais bañámonos na praia e tamén paseamos polas covas. Cando paseabamos por unha atopabamos outra. Chámase Praia das Catedrais polas ondulacións e ocos feitos pola forza da auga do mar que teñen as rochas. Gustoume moito o lugar e recoméndollea a todo o mundo.
Anxo Vidal García 5º B

A Praia Dos Xigantes
Sitúase en Santiago del Teide, dentro da illa de Tenerife.
Ten a area moi negra . Ó fondo átopase un acantilado xigante de 300 m de altura que se chama Acantilado de los Gigantes. En vez de gaivotas por alí voan pombas. Ten un un poboado mariñeiro e un porto deportivo onde hai todo tipo de embarcacións.

Podes coller unha gamela para facer fotografías no fondo do mar e tamén podes ver os fondos mariñeiros nun Catamarán.
Hai un montón de rochas con moitos mexillóns.
Helena Pascual Tajes 5ºB