sábado, 23 de mayo de 2015

Ideas Sobre Os Avances Tecnolóxicos

Hai un tempo estivemos a traballar sobre os avances tecnolóxicos. Hoxe deixámosvos algunhas das nosas ideas. Son 8 presentacións en Power Point.
PARA VER CADA PRESENTACIÓN SÓ TEDES QUE CLICAR NUNHA IMAXE, DESPOIS NOUTRA E ASÍ SUCESIVAMENTE.

viernes, 15 de mayo de 2015

A Visita De Filgueira Valverde Á Nosa Escola

Hoxe pola mañá visitounos Xosé F. Filgueira Valverde, ese personaxe a quen se lle adica este ano, 2015, O Día Das Letras Galegas.
Foi moi divertido e con el conseguimos saber moitas cousas da súa vida e tamén da súa obra e os libros que escribiu.
Era fantástico poder estar a falar con el directamente, en persoa. Así enterámonos que lle chamaban O Vello Profesor porque el tamén foi profesor aquí no Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra.
Tamén fixemos unha actividade na que tiñamos que ler un anaco dunha obra súa, Agromar, unha peza de teatro. Por parellas saímos a ler fragmentos de Agromar para todos.
Filgueira Valverde comentounos que é unha historia na que un rapaz de aldea dooulle sangue a un señorito que só falaba castelán, pero á mañán seguinte falaba galego.
E, máis tarde, cunhas palabras que Filgueira nos proporcionou, tivemos que crear un conto.
Tamén lemos en voz alta o resultado, e aínda que tivemos pouco tempo, a verdade é que aínda inventamos relatos moi chulos!
Carlos Rodríguez, Zaira Núñez, Ester Haxhijahja e Alicia Piñeiro 6ºB

viernes, 1 de mayo de 2015

Evolución E Avances Tecnolóxicos

Xa hai un tempo estivemos a investigar sobre os avances tecnolóxicos.
E, claro, despois, elaboramos uns traballos sobre todo o que tiñamos aprendido.
Aquí vos deixamos o resultado dalgúns deles.
 Zaira E. Núñez Vidal, Manuel Villanueva Gómez e Kedus J. Dueñas Ramallo 6º B
CLICADE AQUÍ PARA VER TODOS OS TRABALLOS