Hoxe deixámosvos unhas tarefas sobre algunhas das prazas de Pontevedra, a Boa Vila que dá de beber a quen pasa. Xa sabedes: Clicade en cada foto e xa comezan as presentacións.
sábado, 28 de mayo de 2016
sábado, 14 de mayo de 2016
miércoles, 11 de mayo de 2016
Os mellores Cociñeiros E Cociñeiras Da Escola
Xa nos vistes en acción na
cociña como cociñeiros e cociñeiras.
E todos pensamos que sería
boa idea traer á clase a proba de todo o bo que tiñamos preparado.
E facer unha boa degustación.Así, un día, sen avisar, nin imaxinar, Angélica e Nardos entraron pola porta da nosa aula cunha torta de ananás que prepararan tamén con Sabela...
Á seguinte semana empezaron
a vir máis persoas cuns doces moi bos non, o seguinte...!!!
Viñan doces con chocolate...
Sen chocolate...
Cremosas filloas...
Todo o que podedes encontrar nunha
pastelería.
Agora pensamos que nos
enchemos de doces ata rebentar...
Pero diso non nos
arrepentimos...
E non vos podemos mentir:
todos os postres estaban de 10!!!
Estamos todos esperando repetir! Ummm!!!
lunes, 9 de mayo de 2016
jueves, 5 de mayo de 2016
Pontevedra, Soños E Poemas
A Miña Cidade
Pontevedra é unha cidade
O Merlo Bailarín
Algúns son avogados, outros policías
Pontevedra é unha cidade
onde todos voan,
onde todos soñan.
Pontevedra é unha
cidade
onde hai pequenas
prazas,
que non podes
parar de abrazalas,
con moitas gañas.
Vexo brisas
con sorrisos e risas.
Tamén vexo ondas camiñando
e falando de turistas que virán.
Paxariños
piadores
cantando pola
mañá.
Amelia García García 5º AO Merlo Bailarín
O vento cantaba
entre as polas do
piñeiro
e o merlo bailaba
ao compás do seu
cancioneiro.
Cando o vento
cansou
o merlo foise á
súa casa
e ao chegar
atopou
a brisa que á
porta chamaba.
¿Que queres amiga
miña?
¿Que ves
buscar?
A tí, amigo meu,
que contigo teño
que bailar!
Sabela Lorenzo
Figueroa 5ºA
Unha cidade de
pedra
todos somos iguais,
todos seriamos
doutores,
ou profesores.
Pero na miña
cidade
non é así.Algúns son avogados, outros policías
e outros médicos.
Pontevedra
é unha gran cidade
é unha gran cidade
onde
murmura a pedra,
e na escola os
nenos
disfrutan sen
consola.
Nas prazas onde antes
con letreiros.
Angélica Badás
Cimadevila 5º A
Amigos na cociña
Ao entrar na
cociña
comezo a notar
dos fogóns a
morriña
e empezo a
cociñar.
a masa da
empanada,
que unha vez amasada
dame bicos sen
parar.
Despois fago o
recheo
que baila nunha
tixola
movendo a bata de
cola
pensando que está
no ceo.
Xunto o recheo e
a masa
e, moi contentos,
os
dous xuntiños
van para o forno,
a súa casa,
e dormen felices
coma meniños.
Noelia Blanco
Obelleiro 5º A
Pontevedra chea
de turistas,
que non paran
de
pagar,
por unha velada
máxica,
que aquí si que hai!
Tamén hai moitas pontes,
e a zona
monumental,
con museos que si
hai,
con museos que si que hai!
Po iso sempre poderás
atopar
boas visitas e moitos sorrisos
que
diso si que hai!
Nardos Dueñas
Ramallo 5º A
O meu verán
o sol brillaba entre
sorrisos,
e os cariñosos canciños
comían da miña man.
Marabilloso verán!
Marabilloso verán!
Pola noite as estrelas
rían a gargalladas
porque o vento lles falaba.
As aves da noite escoitaban abraiadas.
Marabilloso verán!
Marabilloso verán!
Brais García Alonso 5º A
A Miña Cidade: Pontevedra
A miña cidade,
o meu amor,
séntese no meu corazón.
A miña cidade resplandece,
cando as súas rúas,
énchense de xente.
Os nenos corren entre as pombas,
e, mentras,eu salto á corda.
Da fonte sae auga,
que aos nenos de pedra, espanta.
O reloxo da Peregrina
e, mentres, eu vexo do ceo
as gotas caer.
A estrela do entroido
é O Rabachol
polas súas plumas de cor.
Na praza de toros,
asómbranse todos.
En Pontevedra,
a noite é bela!
Lucía Barreiro Lema 5º A
A árbore acaricia
os paxariños con
ledicia
cun cariñoso
movemento
regalado polo
vento.
Chegou o triste
inverno,
os paxariños
faladores marcharon.
E a árbore espida,
chora,
porque eles soa a deixaron.
Angélica Badás
Cimadevila 5º A
Pontevedra
Se visitas Pontevedra
vaste quedar de pedra.
e destaca a Ferrería.
Cando vas por Pontevedra
alégraste de vivir nela.
Podes pasear tranquila
e visitar a Ferrería.
Noelia Blanco Obelleiro 5º A
Noelia Blanco Obelleiro 5º A
Unha Mochila Excelente
A miña mochila onte avisoume,
de que tiña que levala,
cunha botella de auga.
alá a onde vaia.
A miña mochila é moi lista,
pois leva dentro,
todo o que o meu saber necesita.
Lucía Barreiro Lema 5º A
Suscribirse a:
Entradas (Atom)