martes, 29 de noviembre de 2016

Coñecendo Plantas E Herbas Medicinais

En Galicia abundan as plantas e herbas medicinais. Se queredes saber dalgunhas delas clicade en cada foto para que comece a información.

domingo, 27 de noviembre de 2016

A Nosa Clase É Un Xardín

O venres 25 a nosa clase parecía… Un xardín!!!
Como sabedes, estamos en 6º, e este ano faremos a excursión de fin de curso, así que, estamos a recadar diñeiro para que sexa máis accesible pra todos.
Agora estamos a vender lotería de Nadal e tamén comezamos a vender flores de Pascua, preciosas flores vermellas!
Ummm! Que dozura impregnou a clase cando comezamos a recibir dúas a dúas, tres a tres...
O director chamounos ao seu despacho para proceder ao reparto. Ao comezo iamos de 4 en 4, pero máis tarde xa fomos como quixemos...
É que nós... sómosche así... E é que tiñamos tanta emoción...!!!
Así que para nós este venres 26 foi un día redondo... Primeiro participamos na cadea humana... E logo as flores!!!
 Redondo, redondo!!!
Amelia García García, Lucía Barreiro Lema, Xermán González Rivas e Juan José Carballido Biempica 6º A

viernes, 25 de noviembre de 2016

Cadea Humana Contra A Violencia Machista

Ola! Somos Brais, Iván e Álvaro e queremos contarvos que hoxe todos os alumnos da escola participamos nunha cadea humana contra a violencia machista.
Primeiro os máis pequenos da escola foron rodeándoa pola parte de fóra.
 Os demais continuamos e ocupamos toda a rúa da Cruz Vermella.
Alí a cadea continuaba con outra escola, e nós os de 6º A  fomos os eslavóns onde se unía a cadea. Nós, Álvaro e Brais eramos os dous primeiros elos no lugar de unión da cadea!
Foi moi divertido! A cadea era moi longa e chegaba ata o centro de Pontevedra onde se bifurcaba por máis e máis rúas.
Durante a formación da cadea humana non estivemos calados.
E houbo momentos que nos puxemos a cantar e a movernos, así pasamos un momento moi emocionante!
Tamén gritamos: non á violencia de xénero!
 Foi fantástico!
Ah! E despois chegamos de volta á escola e aínda tivemos o tempo de recreo! Xenial!
Vedes que bonita está esta árbore do patio vestida das cores de outono?
Pero o mellor é cando xogamos e nos divertimos todos xuntos!
Álvaro Durán Cortegoso, Brais García Mejuto e Iván López Rey 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA CADEA 

jueves, 24 de noviembre de 2016

Cocinando El Otoño

Es Otoño y ¡aquí estamos nosotros, cocinando el otoño! Clicad en cada foto para ver las recetas.

sábado, 19 de noviembre de 2016

Coñecendo As Abellas, Saboreando O Mel

Ola, somos Mario e Brais e hoxe imos contarvos a nosa experiencia coas abellas e o mel.
Primeiramente visitamos unha exposición que había na biblioteca sobre obxectos que se utilizan na profesión de apicultor.
Así observamos o afumador que serve para simular un incendio. Así as abellas séntense en perigo  e queren fuxir. Comen moito mel para ter reservas polo camiño, enchen o abdome e así  non lle poden picar ao apicultor porque non poden dobrar o abdome para pinchar o aguillón.
Vimos os cadros coas colmeas onde viven as abellas e se almacena o mel.
Gustáronnos as colmeas antigas con cortiza de sobreira.
E tamén miramos un niño de abellas.
Todo isto foi emocionante e sorprendente, pero aquí non remata todo. Pois máis tarde no salón de actos descubrimos novas experiencias.
Alí nos estaba esperando Emilio, un apicultor amigo da nosa profe Mary Carmen que nos foi explicando paso a paso o proceso do mel e a súa elaboración.
Gustounos ver como usaba o espectacular coitelo de sopercular.
Era Fantástico!
Que ben o pasamos cando puidemos ver como se extraía o mel!!!
Emilio tamén nos deu a probar unha mostra de mel recén sacada no extractor e que todos vimos alí mesmiño.
E sobre todo encantounos o mel!!
E así, ademais de marchar para a clase cun bo recordo, tamén saímos todos coa barriga chea!!!
 Moitas grazas, Emilio, pola túa paciencia, o mel e o teu ben facer!!!
Brais García Alonso e Mario Gómez 6º A

viernes, 18 de noviembre de 2016

Ecos Do Noso Último Magosto

Aínda hoxe chegan ata nós ecos do último magosto na escola!!!
 Pasámolo moi ben cos xogos!
Comendo as castañas todos sentadinos...
Continuando así a antiga tradición da nosa Galicia.
Sol, Castañas e Ourizos aliados para que a nosa festa fose toda unha gran ledicia!

lunes, 14 de noviembre de 2016

Vivimos O Noso Último Magosto Na Escola

No día 11 de novembro celebramos o que sería o noso último magosto na escola.
E foi moi especial. Ata baixamos un cuarto de hora antes ao recreo. E aproveitamos para ver como se ían asando as castañas.
A continuación tocounos disfrutar dos xogos.
O primeiro xogo no que participamos foi a comba. E resulta que alí descubrimos o talento que tiñamos todos, incluíndo a profe Mary Carmen, saltando á corda.
Despois fomos xogar ao pano coa profe Mela. Non soubemos quen gañou porque non nos deu tempo a rematar o xogo.
A continuación achegámonos ata o pavillón para realizar dous xogos moi divertidos co profe Pablo. Por último xogamos aos bolos coa profe Puri, e Álvaro e algúns máis fixeron pleno!!!
E chegou o momento de papar as castañas! Algo que esperabamos ansiosos.
Unha caixa chea de castañas! Zampamos ata non poder máis!
Que ben o pasamos!
E por certo: que boas estaban as castañas!
Algunhas con algún que outro verme... O que non mata engorda!
 Lucía Barreiro, Amelia García, Álvaro Durán Cortegoso e Xermán González 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO MAGOSTO