miércoles, 21 de diciembre de 2016

Nadal De Maxia, Felicidade E Ventura Para Todos No Novo Ano 2017

É tempo de Nadal e as aguias de Lume tamén o queremos celebrar con todos vós, amigos, compañeiros, profesores, familiares e lectores!
Feliz Nadal!!!
Que Papá Noel e Os Reis Magos traian moitos agasallos para todos!!!
 E que O Novo Ano 2017 veña cheo de felicidade e ventura! Alá nos veremos con moito máis que vos temos por contar!

Mural Dos Climas Da Terra, O Noso Planeta

Na clase de Ciencias Sociais realizamos un mural colectivo sobre Os Climas da Terra, o noso Planeta.
       Entre todos recopilamos moitas fotografías das paisaxes de cada clima ou variedade e plasmámolas neste mural.
Todos participamos activamente e gustounos tamén elaborar cada unha das letras para a información de cada apartado.
Houbo que traballar arreo! Pero faciámolo con moito agrado!
As letras coloreábanse e ilustrábanse con motivos alusivos ao clima do que se trataba e cando unha letra estaba rematada había unhas persoas encargadas de clasificalas e ir formando a palabra completa para logo colocala no lugar axeitado.
Xa dicimos que traballamos duramente, mais pensamos que o resultado pagou a pena e todo o mundo nos dicía que quedou moi vistoso. Non pensades vós o mesmo?

jueves, 15 de diciembre de 2016

O Ciclo Da Auga E Da Vida, Metamorfose

Estes días na clase de Ciencias Naturais, coa nosa profe Mary Carmen, estivemos a traballar cos animais e o ciclo da vida.
Estes son os nosos debuxos sobre a metamorfose de algunhas especies. O primeiro da bolboreta é de Rubén e este sobre a libélula debuxouno  Brais G. Mejuto.
 O que aquí vedes sobre a ra realizouno Sabela.

Estoutro, tamén de bolboreta é de Noelia.
E este tamén da ra debuxouno Nerea F.
 E o que ven a continuación é obra de Vicente.
Pois resulta que en Ciencias Sociais traballamos O Ciclo da Auga e estas son algunhas das nosas visións do fenómeno: Comezamos coa de Vicente.
Seguimos coa de Rubén.
 E tamén coa de Sabela.
Continuamos con Lucía B.
E por último a de Angélica. Pero si queredes ver máis debuxos dos dous ciclos, clicade abaixo no álbume.