domingo, 31 de diciembre de 2017

As Aguias De Lume Os Deseamos ¡Feliz 2018!

As Aguias De Lume os dejamos nuestros deseos de un ¡Feliz Año 2018! Y con ellos nuestras visiones sobre estas fiestas. Clicad en cada imagen para que comiencen.

sábado, 23 de diciembre de 2017

É Nadal! Feliz Nadal!

 É Nadal! Feliz Nadal!
Todas As Aguias De Lume dicimos con unha soa voz:
ARRIBA O NADAL!!! 
Bótalle felicidade ao 2018!!!
Felicidade e maxia é o que ides ver!
E moitos soños ides ter!
Porque neste ano, cun sorriso, todo pode acontecer! 
É O DESEXO DE TODO 6º A PARA TODOS VÓS!!!!
Merry Christmas And A Happy New Year! Joyeux Noël! ¡Feliz Navidad! Bom Natal! Frohe Weihnachten! Buon Natale!

viernes, 22 de diciembre de 2017

Xa Está Aquí O Nadal!

E xa está aquí O Nadal! 
E na escola tamén o celebramos! Deixámosvos unhas pinceladas de toda a arte espallada nestes días!
Os corredores engalanáronse coas mellores galas preparadas por todas as aulas.
Non faltaban o pinos decorados con bonecos de neve, estrelas, botas...
Ou con boliñas de papel!
E ademais habíaos de todos os tamaños, grandes, medianos e tamén en miniatura!
Así estaba a nosa porta. 
E mirade que ben, ésta de Educación Infantil.
Porque os máis peques tamén puxeron o seu gran de area.
Con profusión de elementos típicos destas datas.
Así o viron na aula de relixión.
E así en inglés.
Tamén houbo lugar para as postais que elaboramos para o proxecto e-twinning!
E non podía faltar a visita de Papá Noel!
Tróuxonos doces e moita ilusión!
Saudaba e daba moitas apertas a pequenos e non tanto!
Gustounos moito recibilo na nosa aula!
Tamén nos viñeron visitar alumnos de anos anteriores que non se esquecen do noso cole!
Non nos esquecemos dos debuxos que ideamos arredor do Nadal.
Co mal encarado amo da pousada.
Os pastores e a estrela.
E outros variados personaxes.
É Nadal, Bo Nadal!
 CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO NADAL

jueves, 21 de diciembre de 2017

Audio Recitando Panxoliñas

Hoxe deixámosvos o audio recitando as panxoliñas que preparamos na clase. Comezamos co “Nadal De Luintra” e terminamos con adaptacións de “Tan pequeniño como unha noz” e un canto de berce.

miércoles, 13 de diciembre de 2017

Debut eTwinning Con Panxoliñas

Onte 12 de decembro nós, a clase de 6º A, e outras da nosa escola, debutamos diante das cámaras.
E fixémolo fronte a nenos e nenas de varios países de Europa grazas ao proxecto eTwinning.
Ao comezo tivemos que esperar un pouco por mor das conexións.
Despois houbo actuacións musicais...
E presentacións de tarxetas de Nadal.
Nós recitamos e cantamos unhas panxoliñas.
E tamén saudamos aos rapaces de toda Europa en portugués e en chinés!
Non ensaiamos moito pero aínda así conseguimos un resultado moi bo, por non dicir o mellor!
Se fora por nós repetiamos todos os días!
Breixo Fentanes Gago e José Abollado Bugallo 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO DEBUT 

sábado, 2 de diciembre de 2017

Na Busca De Cogomelos

O outro día fomos buscar cogomelos.
Pero antes diso tivemos unha charla onde nos informaron sobre as diferentes clases de fungos e cogomelos.
 Así puidemos saber cales eran comestibles e cales non. Tamén cales eran tóxicas ou non. 
Tamén coñecemos algunhas das súas propiedades como se son picantes, correosas, tóxicas antes de cociñalas ou mesmo mortais.
Logo fomos á parte práctica e a que máis nos gustou: ir buscar os cogomelos!
Saímos da escola cara á Ponte dos Tirantes.
 Mesmo fronte ao Pazo da Cultura xa nos puxemos a investigar pero aínda non atopamos nada.
O noso Río Lérez era un espello onde se reflexaba a nosa cidade.
As árbores do paseo ofrecíannos unha variada paleta de cores.
De repente unha voz alertaba da presenza dun cogomelo! Era un Peido de Lobo!
Xa cun sorriso nos beizos continuamos cara á Illa das Esculturas.
A pasarela peatonal atopábase baleira de xente.
 Nesta zona comezamos a ver máis especies de cogomelos.
Nós tiñamos a axuda de Amancio, da Asociación Brincabois quen tamén foi quen nos dou a charla.
El ía preparadísimo para iso de buscar cogomelos cun bastón para apartar as follas, unha navalla para retiralos sen romperlles nada... 
E unha cesta para ir gardando a colleita.
 Estaba un día fermoso e iso notábase na paisaxe.
Pero nós seguíamos coa nosa aventura na busca dos cogomelos.
Cruzamos unha das pasarelas de madeira que hai na Illa.
E aínda atopamos algúns bastante interesantes.
Amancio explicábanos todo sobre eles con moita paciencia.
E nós escoitabamos con moita atención!
Sabiades que para ver que clase de cogomelo é tamén hai que cheiralo?
Mirade que bonitos estaban estes todos xuntiños!
Algunhas especies eran coloradas aínda que non medraran moito por falta de auga!
 Había algúns que tiñan vermes e todo!
Ata atopamos a Amanita Faloides! A mortal!!!
 E resulta que non é vermella! É branca cuns tons verdosos case fluorescentes!
Total que foi unha boa colleita e marchamos moi contentos para o cole!
Uns patos descansaban na beira do río.
E nós de camiño á escola seguiamos coa recolleita!
  Breixo Fentanes Gago e Irene Torres González 6º A