lunes, 27 de febrero de 2017

O Noso Mellor Entroido: O Último Na Escola

O venres 24 de febreiro como todos xa sabedes celebramos O Entroido na escola. 
Traxicamente para nós era o último que iamos celebrar na escola e por iso estabamos decididos a celebralo polo máis alto!!!
Queriamos disfrutar ao máximo!!!
Cando iamos de mañá cedo pola rúa pensabamos que ninguén ía ir disfrazado, pero ao chegar á clase... Sorpresa!!! Todos estabamos disfrazados!!!
E mellor que nunca!!!
E sobre todos o que máis destacaba era o da nosa profe Mary Carmen que chegou de monstro das galletas!
Había compañeiros que chegaban coa máscara posta e non podiamos saber quen era ata que a sacaban.
Un grupo ata ía de rapeiros! 
Lucía Barreiro e Nardos de animais, Amelia e Sabela de Carapuchiñas Vermellas pero tamén había policías, templarios... 
En fin... mogollón de disfraces!!!
Todos nos rimos ás gargalladas cando vimos chegar a Rubén vestido de bebé xigante! 
Houbo momentos moi simpáticos!
Ha, ha, ha, ha, ha ... Que risas botamos todos cos disfraces e coas fotos!
Porque todos queriamos ter unha lembranza deste día tan especial!
E das persoas coas que compartimos bos momentos!
E a profe Mary Carmen non se cansaba de sacar e sacar fotos!
E tamén era fantástico traballar así coas pintas que tiñamos todos!
Porque traballar así non custa nada!
Saímos ao recreo e alí estivemos a pintarlle o cabelo a moitos nenos e nenas da clase e do colexio.
Cando subimos á aula continuamos coa sesión de maquillaxe...
Noelia resultou ser toda unha experta!
E todas as nenas querían ser pintadas por ela!
Todos esperabamos impacientes polo momento do desfile.
E resulta que este ano tiveron a magnífica idea de en vez de facelo só no patio do colexio, pois desfilar pola rúa!
Cando baixamos e empezamos a camiñar había moita xente que nos aplaudía, sacaba fotos e ata nos gravaban!
Xa no patio primeiro desfilamos arredor.
E logo comezamos a danzar e formamos unha longuísima conga.
Que divertido bailar dun lado para o outro!
O importante era que o estabamos a pasar xenial!
Todo era Entroido!
Todo era Carnaval!
Despois cando voltamos á aula estabamos moi ledos! E a profe repartiunos as galletas do seu cesto! Que boas estaban!
De súpeto decatámonos de que era O NOSO ÚLTIMO CARNAVAL NA ESCOLA!!! 
E PARA NÓS O MELLOR!!!
 Lucía Barreiro Lema, Amelia García García, Xermán González Rivas e Juán José Laverde Villa 6º A

jueves, 16 de febrero de 2017

Admirando A Obra do Escultor Galego Francisco Leiro

O venres 20 de xaneiro saímos do centro para ir ver unha exposición sobre a obra do escultor galego Francisco Leiro.
Era nas instalacións do Café Moderno de Pontevedra.
Para chegar ata alí fomos andando desde a escola. 
É inverno e as árbores das prazas aínda están núas, sen follas.
Sempre nos gusta pasar por diante do noso museo, O Museo de Pontevedra.
Atravesar os Arcos de San Bartolomé.
Percorrer as nosas bonitas rúas de edificios de pedra.
Era cedo e A Praza da Leña aínda non estaba ocupada. Así puidemos contemplala en todo o seu esplendor.
A Praza da Ferrería permanecía solitaria.
Os camelios diante de San Francisco presentaban un aspecto apagado polas últimas xeadas.
E diante da Igrexa da Peregrina aínda non chegaran os peregrinos que por alí pasan.
Saudamos a Teucro, o noso fundador, que nos vía pasar desde alá enriba.
E decidímonos a entrar para ver a exposición “Os Traballos e os Días”.
Ao chegar fomos recibidos por dúas monitoras: Águeda e Vanessa. Dividímonos en dous grupos. A nós tocounos con Águeda. Con ela fomos ata o Salón Noble do Café Moderno.
Alí Águeda preguntounos se coñeciamos xa algunha cousa sobre Leiro e a verdade é que quedou... un pouco... Noooon... Bastante impresionada con todo o que xa sabiamos!!!
A continuación realizamos un taller de escultura. Previamente tivemos que diseñar o boceto.
E despois usamos unha especie de esponxa que era maleable e fácil de cortar.
Había que ir con moito coidado e darlle xeitiño...
E para a pouca experiencia que tiñamos, a verdade é que aínda non nos resultou de todo mal a cousa...
E podemos dicir que algunhas obras das que esculpimos quedaron bastante ben!
Fóra, na Praza, os personaxes da Tertulia continuaban coa súa teima!
Logo de lavar as mans de tanto traballar, era o momento de ir coa outra monitora.
Primeiro tivemos que recadar información sobre algunhas das obras de Leiro alí expostas.
Para logo contestar unhas cuestións sobre as mesmas e explicalas aos demais..
A todos nos chamou a atención a escultura dun Fauno.
Era todo feito dunha soa peza de madeira de castiñeiro.
Vanessa comentounos que a parte das patas estaba oca.
E resulta que nós, que xa sabedes que nos gusta moito investigar... puidemos comprobar que a escultura estaba oca de abaixo ata arriba de todo!!!
A Leiro gústalle moito relacionar as súas pezas coa natureza e con Galicia. E como homenaxe á súa terra, Cambados, este fauno leva na cabeza unha cesta das que se usan por alí para as vendimas. 
Tamén nos impresionou “ As recolectoras” dedicada a un grupo de mulleres voluntarias cando foi da catástrofe do Prestige.
A verdade é que foi todo moi divertido e gustounos moitísimo!
E aínda aprendemos moitísimas máis cousas deste grande escultor galego!!!
Gustounos moito como unía as pezas das súas esculturas...Algunhas dan a sensación de que van caer... Pero non caen!!! Impresionante!!!
Ao saír, na Ferrería xa lucía o sol.
E aínda tivemos tempo de facer unhas fotos de grupo na Praza da Leña.
Amelia García García, Vicente Martí Pesqueira e Xermán González Rivas 6º A
CLICADE AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS DA SAÍDA