martes, 25 de abril de 2017

Celebrando O Día Do Libro Na Illa Das Esculturas

O 23 de abril é O día Do Libro, pero nós, na escola celebrámolo onte día 24 de abril.
E para iso levamos a cabo unha pequena gran actividade. 
Pequena porque iso pensabamos nós, e que non ia ser moi entretida, e grande porque ao final resultou fantástica!
A actividade realizámola fóra da escola, na Illa das Esculturas.  
Saímos do recinto escolar e cruzamos A Ponte dos Tirantes.
No Río Lérez adestraban os piragüístas.
E devagar fómonos achegando ata o lugar escollido.
A Pasarela Peatonal estaba atónita ao ver tanta rapazada por alí!
Pasabamos e pasabamos e non dabamos acabado de pasar...
Todos camiñabamos tranquilos e falando animadamente.
Que conversa máis interesante!
Facía sol e as árbores da ribeira do Lérez acompañábannos coa súa sombra.
E chegou o momento da lectura.
E buscamos un lugar axeitado para estar cómodos.
E sentamos na herba tan panchos...
A nós tocounos lerlles ao alumnado de terceiro.
Xa levabamos uns días practicando bastante, así que saíunos bordado!
Aínda que había algúns algo pillabáns...
Eles escoitaban moi atentos e portáronse moi ben!
Nós estabamos divididos en grupo de 3 que liamos para 6 persoas.
E tamén de 2 que o faciamos para 4 rapaces e rapazas.
Entón contamos os contos e tamén lles fixemos preguntas sobre o que tiña pasado.
Tamén estaban moi interesados nas ilustracións dos contos.
Foi unha experiencia espectacular!
Con momentos moi divertidos!
E axiña chegou o momento de regresar á escola.
E voltaron as conversas animadas.
Camiñando sen moita velocidade.
A Pasarela xa quedou un pouco máis tranquila!
E A Ponte dos Tirantes voltou a ter momentos de protagonismo.
 Por certo que tanto na ida como na volta todo correo moi ben porque contamos coa axuda da Policía Local.
Que detivo o tráfico e axudounos a pasar polos pasos de peóns.
Xa na escola aínda tivemos un tempiño para correr un pouco.
Xogar ás agochadas...
Rir cos compañeiros...
Dar un abrazo...
E escribir esta reseña que aquí vos deixamos. Por certo que somos Adrián Fernández Fraguas, Xermán González Rivas e Vicente Martí Pesqueira 6º A

martes, 18 de abril de 2017

E Así Soaron As Nosas Experiencias

Hoxe deixámosvos os sons das nosas experiencias acústicas:

Facendo ritmos electrónicos: 
  

Sons con lima oxidada: 
  

Máis sons con lima oxidada: 

Sons con menbrana de altofalante
:  

Máis sons con membrana de altofalante: 
  

Sons con vaso de pĺástico e grafito: 

Sons con papel e grafito:

Un saúdo para Iván que o botamos moito de menos!!!

sábado, 8 de abril de 2017

Facendo Música Electrónica Con Circuítos Eléctricos De Reciclaxe

Un día aprendemos a facer música electrónica! E todo por medio de circuítos eléctricos!
Todo comezou baixando ata a biblioteca da escola o xoves 6 de abril.
Alí repartímonos en grupos de 5.
E resulta que na biblioteca xa nos estaba esperando Mateo que era a persoa que nos ía dirixir nestes nosos comezos niso da música electrónica.
Primeiro comentounos os materiais cos que iamos traballar: Un simple clip, unha lima oxidada, cables de crocodilo e outros máis finos e curtos, moedas e un altofalante.
Sí, sí, só con iso puidemos conseguir diversos sons!
Foi moi chulo!
Ata Piquín nos miraba entusiasmado desde o seu recuncho!
E a verdade é que aprendemos moitas cousas!
Como que incluso con diversas partes do nos corpo podemos transmitir electricidade e conseguir sons emocionantes!
Amelia foi a primeira en coñecer esta experiencia!
 E todos quixemos sentilo por nós mesmos.
Que divertido era usar as mans do grupo para facer música!
Había quen tocaba ata co nariz!
Tamén conseguimos moedas bailarinas!
Ata fixemos música pintando un papel con lapis, porque o seu interior é de grafito, que conduce a electricidade.
Para nós foi unha incrible experiencia!
Nerea Ferreira Ríos, Angélica Badás Cimadevila e Sabela Lorenzo Figueroa 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS