miércoles, 7 de junio de 2017

Obradoiro De Cine!

O venres 7 de abril chegamos á clase e atopámonos cunha sorpresa! 
Alí estaba a nosa profe Mary Carmen con Suso, experto en cine e Itziar e Begoña deseñadoras gráficas.
Por certo que Begoña foi unha das primeiras alumnas da nosa profesora e tamén alumna da nosa escola Manuel Vidal Portela! 
Pois resultou que nos estaban esperando para propoñernos un Obradoiro de Cine! Nós asentimos con moito agrado!
Comezou Itziar falándonos das ilusións ópticas e de como o noso cerebro pode ser enganado.
Así mandounos ler un texto a varias persoas da clase e resulta que como o liamos rápido faciámolo mal. Só cando o lemos silabicamente conseguimos facelo ben.
Iso sucede porque o noso cerebro coñece, ou cree coñecer “o texto”  e ao lelo de corrido non se fixa e faino mal, porque non é o que el pensa, senón outro moi parecido!
Pois o cine o que fai é aplicar ese efecto de ilusións ópticas para conseguir determinados efectos e facernos ver imaxes en movemento.
Porque ao fin e ao cabo unha película consiste nunha serie de fotografías que ao seren proxectadas xeran unha sensación de movemento.
Os nosos monitores amosáronnos diversos instrumentos que se usaban hai anos para conseguir ver esas imaxes con movemento.
Fixádevos que bonito este zoótropo no que ao facelo xirar, se miramos a través das rendixas os debuxos do seu interior cobran vida e póñense en movemento diante dos nosos ollos.
Agora parécenos un xoguete pero no seu momento foi un espectacular invento, auténtico precursor do cine que deixou a todos cos ollos abertos!
Gustounos moito poder darlles voltas e voltas a estes taumatropos e conseguir unir as dúas imaxes nunha soa.
E encautounos tamén esta “Toupie fantoche” como unha pirámide de espellos xiratorios!
E despois tocounos a nós poñernos mans á obra e producir as nosas propias imaxes.
Poderemos ver as nosas producións construíndo o noso propio zoótropo utilizando elementos de reciclaxe como caixas de CDs, tapas do Cola-cao, unha arandela metálica e unha cartolina. 
E a verdade é que quedaron cousas moi chulas! 
Nardos Dueñas Ramallo, Lucía Barreiro Lema e Vicente Martí Pesqueira 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DE CINE! 

1 comentario:

  1. As viñetas deron traballo pero qudaronnos preciosas¡

    ResponderEliminar