Mércores 26
de abril. Ese día fomos de excursión ás instalación da Cruz Vermella.
Ben,
excursión, excursión, non porque só tivemos que saír á rúa, cruzar un paso de
peóns e xa estábamos alí!
Cando
chegamos non tiñamos claro que era o que tiñamos que facer! Pero axiña nos dixeron
que iamos ser cociñeiros por un día!
Entón, ao
ter claro o que iamos facer, o primeiro, como bos cociñeiros, foi ir lavar as
mans.
Despois das
presentación, puxémonos mans á obra para preparar brochetas de froita!!
E alá
comezamos a ardua preparación das brochetas. Con
coidadiño ensartábamos as froitas no seu pau, tendo en conta de non mesturar
colores iguais.
E aínda resultaron
cousiñas moi xeitosas.
E o mellor de todo era
que podíamos bañalas en chocolate! UUUMMMMM!
Chocolate!!!! Algún
incluso se decidiu a tómalo só, sen froita nen nada…
Iso estivo
moi ben pero o mellor é que coñecemos persoas moi interesantes.
Todas moi
amables e moi pendentes de nós.
E chegou o
momento da triste despedida… Pero
aínda non rematara todo! Pois fomos sorprendidos
cun gran/pequeño agasallo:
Gran porque
foi feito para nós por persoas desinteresadas, e era ben chulo!
E pequeño
porque era de pouco tamaño,,, Unha xoaniña!!!! Moi chula!!!
Foi una
bonita experiencia porque entablamos amizade coas persoas que alí estaban. Así a
Sabela tocoulle de compañeira una señora moi “maja” chamada Concha. Sabela, nun momento de conversa preguntoulle:
- Está rica a brocheta?
- Con esta compañía ía
estar rica de todos modos! – Respondeulle Concha.
Xermán
González Rivas, Sabela Lorenzo Figueroa, Nardos Dueñas Ramallo. 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS
As brochetas estaban deliciosas¡
ResponderEliminar