miércoles, 21 de junio de 2017

Xogando Ao Baloncesto Na Rúa 3x3, XVI Edición, Pontevedra

O día 8 de xuño achegámonos ata a alameda da nosa cidade, Pontevedra, aínda que primeiro pasamos diante do Museo de Pontevedra.
Que ben se ía por debaixo das árbores!
Sempre nos gusta ver o Pazo de Mugartegui!
E saudar a Valle Inclán que está alí a esperar por nós!
E xa por fin chegar o noso destino!
E estarédesvos a preguntar que era o que iamos facer alí! 
Como veredes polas nosas camisetas iamos asistir á XVI edición do 3x3 Baloncesto Na Rúa.
Celébrase na Avenida de Montero Ríos e consiste en que xogamos ao baloncesto por equipos, e de cada vez, compiten 3 persoas de cada equipo, por iso se chama 3x3.
Da nosa clase participamos case todos e a verdade é que xogamos moi ben!
Había que saber manter a calma e esperar o momento adecuado para facer canastra!
Ás veces a espera parecía moi longa!
E ata había momentos en que parecía que nos poñiamos a propósito en fila india!
Daba gusto ver o paseo todo cheo de rapaces e rapazas só coa idea de xogar e pasar un bo rato!
Non faltaron os momentos para a firma de camisetas!
 Que xa quedarán para a inmortalidade!
 Ao xogar regalábannos auga e Aquarius, e cos envases había que tentar meter canastra e se o conseguías pois unhas gafas vermellas que gañabas!
E ao chegar á clase alá posamos todos coas gafas conseguidas que aínda eran unhas cantas!
Pasámolo moi ben! Pena que para nós foi o último 3x3. Pero aquí nos quedan as fotos para recordalo sempre!
 Adrián Fernández e Sabela Lorenzo Figueroa 6º A

2 comentarios: