viernes, 20 de octubre de 2017

As Mellores Persoas Para Nós

O MELLOR IRMÁN DO MUNDO
Leandro é o meu irmán. Ten dezasete anos. É alto e forte, mais moi delgado. Leva lentes e ten o pelo crecho.
Vai en segundo de bacharelato, estuda moitísimo e está todo o día indo a clases particulares e estudando na súa habitación. Aínda que lle gusta moito xogar co móbil e ver a televisión. As súas series favoritas son the Big Bang theory e Rick and Morty.
Tamén lle gusta moito escoitar música, en especial de Ed Sheeran e Shawn Mendes pero tamén odia o trap.
É moi bromista menos cando se enfada porque ninguén pode falar con el mentres está así. 
É moi amable e nunca di que non á diversión tanto cos seus amigos como el só.
José Abollado Bugallo 6º A

A MIÑA IRMÁ
A miña irmá ten case dous anos. Vive en Redondela co meu pai e é moi graciosa e risoña.
É baixiña, coma min, e ten un pouquiño de barriga, pero tampouco moita. Os seus ollos son de cor castaño e de tamaño mediano. A súa boca é enorme, cuns dentes brancos coma o leite, aínda que non os teña todos.
A ela gústanlle todas as pelotas en xeral, xa que cando ve unha, sae correndo a por ela. Tamén lle gusta ver no teléfono da súa nai capítulos da antiga serie A CASA DE MICKEY MOUSE. Gústalle moitísimo comer, aínda que ás veces que non come por calquera motivo, ameázana con que non verá os episodios de Mickey Mouse, e entón come máis rápido ca unha bala.
Non lle gusta que lle leven a contraria, xa que se lla levas, pode pegarche e dicirche: “es malo/a”.
A súa forma de ser é mimosa, coidadosa (co que lle gusta), un pouquiño caprichosa, alegre e moi, moi risoña.
Eu quéroa moito, sempre lle dou bicos, aloumiños, etc... É a mellor irmá do mundo.
Yago Amoedo Martínez 6º A
 
O MELLOR CURMÁN
Xoel ten 3 anos. É o mellor curmán do mundo porque é moi xoguetón. Tamén lle gusta moito o fútbol, as motos e tocar o tambor. É moi tranquilo pero cando colles unha cousa que a el lle gusta aínda que non a teña pónseche a gritar, a pegar e a chorar para que lla deas.
Cando é Semana Santa, meus tíos, miñas curmás e eu imos nunha confraría e cando están ensaiando el vai detrás co seu tambor.
Antes, cando o ía buscar á gardería víame e viña correndo ata min todo feliz. Agora xa non o podo ir buscar porque agora xa está no colexio; ten moito carácter pero tamén ri moito cando lle fas cóxegas.
A meus pais e a meus tíos parécelles un traste pero a min non; a miña curmá Laura e eu pensamos que é moi bo.
Laura e eu somos as curmás preferidas de Xoel porque sempre está a chamar por nós, e cando por fin está con nós, está moi feliz.
¡Gústame moito xogar co meu curmán pequeno!
Lucía Cancela Rodríguez 6º A

A MIÑA NAI
A miña nai chámase Rosana e é a mellor do mundo sendo nai de tres fillos. Os ollos marróns xunto co cabelo liso da mesma cor, fan que o sorriso sexa coma unha pérola. A súa estatura non é máis cá do meu pai, son iguais de altos, polo tanto, son a parella ideal. 
A ela encántalle a roupa colorida e conxuntala sempre cunha chaqueta vaqueira. Tamén lle gustan os vestidos, sempre que os leve sen medias, odia as medias. 
Polo seu carácter diría que está de todos os humores: anoxada, alegre, cansa, divertida, aburrida... Esta nai para facer a comida é incrible, porque se hai tempo para preparala, sempre está boísima, senón, outras veces, pode facela un pouco crúa.
ESTA SÍ QUE É UNHA NAI!
Yanira García García 6º A

O Meu Youtuber Preferido
Non tardei nin un intre en saber a quen escoitaba: Ao meu youtuber preferido Vegetta 777, porque ninguén comenta, ri, fala rápido e actúa como Vegetta. Aquel día Vegetta non levaba o pelo marrón tan longo porque fora á perruquería, e da barba, fuf ningún pelo! 
Levaba un conxunto da súa cor preferida, morado, e co seu logo, 
na chaqueta.  

Aquel día non estaba tan animado coma sempre, porque non lle ía algo do ordenador. (Se estivera un compañeiro alí seguro que o arranxaba), pero tomouno con calma e seguiu o vídeo, que, por certo, era moi bo. Despois co seu retintín de sempre foi comer un macguffin.
Cando regresou, viña coa súa afouteza para seguir o vídeo, que, non me canso de dicilo, era fantástico. Cando rematou, suspirou de alivio e, tal como entrou pola porta, marchouse. E eu, fun xogar.
Mauro Lago Nogueira 6º A

Miña Nai
Miña nai é moi alegre, divertida, graciosa e “enrollada”. Pero cando chega á casa enfadada, parece que chega un terremoto.  
Á miña nai gústalle moito cantar, pero cando a escoitas, danche ganas de cortar as orellas.
Adoitamos ver películas de amor e as dúas acabamos chorando sempre.
Acostuma ter moi, moi, moi mal carácter, por iso, neses casos, o mellor é deixala soa coas súas pipas Tijuana.
O que intento dicir nesta redacción non é que sexa mala, iso non o entendades mal. Eu só intento dicir da miña nai que todo o mundo ten algo bo e algo malo e por iso teño que dicir que unha nai non é só para que che compre roupa, ou che faga a cama senón que é tamén para pasar os bos momentos e os malos. 
Así é a miña nai e teño moita sorte de tela.
Alejandra Sueiro Lima 6º A
  
A MIÑA TÍA AVOA
Eu teño una tía avoa moi boa. Ela sempre me coidou e agora cóidoa eu. É loira, de ollos marróns, baixa e fraca.
Ela viste moi formal, nunca pon roupa de moda.
É sorrinte, tranquila, amable e lista como unha formiga.
Ela sempre foi moi boa persoa. Estudou formación profesional administrativo e durou 48 anos facendo ese traballo no hospital en Montecelo. Sempre tivo moi boas compañeiras, e uns xefes que sempre a axudaron. Ela xubilouse este ano e está moi contenta de poder disfrutar a súa vida ao máximo. 
Sempre me axuda co Francés, Inglés, etc.
A ela gustaríalle ir a vivir a Santiago porque aí naceu, medrou e coñeceu ao seu marido.
Encántalle facer cousas, non é capaz de estar nin un momento sen facer algo.  
A miña nai sempre conta con ela para calquera cousa por que sempre a apoiou.
Eu quéroa moitísimo e sempre contarei con ela para calquera cousa.
Mercedes Barragáns Padín 6º A

O QUE PENSO DE ESTEBAN
A min encántame chegar ao instituto e ver o meu irmán Esteban. Esteban ten 14 anos aínda que non o pareza. Cando o vexo encántame ver os seus ollos marróns e o seu pelo castaño escuro coma o tronco dunha árbore.
A súa roupa é sensacional cunha camisa coma rosa vermella e uns pantalóns curtos e vaqueiros coma o océano. Cando iamos á praia, non paraba de coller un montón de moreno. Aínda que pareza pequeno, cando se enfada, é malo.
Esteban é divertido, case sempre xoga comigo. Tamén pode enfadarse, pero case sempre é feliz. Ten un bo corazón, e se alguén se ri del eu protéxoo porque sempre será o meu irmán favorito porque é o meu...
¡¡¡¡IRMÁN!!!!
Irene Torres González 6º A

A miña Nai
A miña nai chámase Beatriz, pero eu, como a quero moitísimo, chámoa mami ou mamá. 
A miña nai ten un traballo que consiste en revisar os ascensores que reparan os seus compañeiros.
A ela non lle gusta ter que castigarnos e enfadarse comigo e o meu irmán pero algunha vez, se nos portamos mal, entón enfádase e castíganos.
A miña nai é moi boa reposteira e os seus mellores postres son: torta de queixo, torta de chocolate da avoa, etc... Que están boísimas!
Eu quero moito a miña nai porque me axuda no bo e no malo, e, porque perde tempo das súas cousas para axudarnos a min e a meu irmán.
Mitxel De Sousa Rodríguez 6º A

UNHA AMIGA ESPECIAL
Mercedes é unha nena baixa e coa pel morena. Ten o pelo de cor marrón como as castañas e curto. Os seus ollos son verdes, por certo, moi bonitos, e o nariz pequeno.
Mercedes é moi simpática, cariñosa e extravertida. Tamén é unha nena que cando a coñeces, dáste conta que pode chegar a ser moi importante para ti. É moi graciosa, de feito, no recreo pasámolo pipa xogando xuntas.
A ela gústalle moito vestir ben e maquillarse, por iso, eu sempre lle chamo “coqueta”.
Unha das cousas que máis me gusta dela, é que ten moita personalidade e cando estou ao seu lado síntome segura porque sempre me defende.
Para min é unha das persoas máis importantes.
Sara Fontán Cacheda 6º A

Unha nai perfecta
Miña nai, Carmina non é unha muller perfecta para os demais pero para min sí. É recheíña e morena, ten os ollos e a boca grandes. Tamén ten media melena e mide un metro cincuenta e oito centímetros. Ademais ten unha voz moi grave, e parece que sempre nos está a berrar. 
Gústalle poñerse roupa diferente aos demais e leva tacóns porque cando leva zapato plano dóelle a columna.
Miña nai é unha persoa á que lle gusta moito facer novos amigos, polo que podemos dicir que ten un carácter alegre, aínda que ás veces é moi estrita. 
A ela gústanlle moito a familia, o circo, a praia, a música, o cine e facer cousas cos fillos. Tamén lle gusta moito viaxar en familia, aínda que non o podemos facer moi a miúdo, porque non ten vacacións, posto que é a xefa da súa perruquería. 
Para min é a mellor do mundo, non hai unha igual.
Brais García Rey 6º A

A IRMÁ DE OURO
Miña irmá chámase Noelia. É alta e forte coma un carballo e intelixente coma un elefante. Cos ollos marrón-verdosos coma as follas das árbores no outono, é delgada e bela coma un cisne. Leva o pelo longo coma un león.
Cando se enfada dáme medo pero se eu tamén estou enfadado, tiro os meus medos pola ventá e encárome, aínda que me saque cinco anos e unha cabeza de altura.
Pero tamén a quero moito, pase o que pase, segue sendo miña irmá, e aínda que haxa peleíñas non a deixarei de querer. 
Eu tampouco sei que faría sen ela, por iso non me gusta que medremos, porque a botarei de menos e creo que ela a min tamén.
Á maioría dos meus amigos cáelles ben, pero se falan mal dela polas costas e me entero, sempre a defendo. Pero se mo din á cara podería entendelos, porque non se lle pode caer ben a todo o mundo. A diferenza de opinións pode entenderse sempre que sexa dando a cara.
Breixo Fentanes Gago 6º A
  
O Meu Amigo Álvaro
Álvaro García é o meu mellor amigo. Álvaro é unha persoa moi intelixente, de feito, está en segundo da ESO. É un rapaz moi forte e moi amable cos demais. Ten o pelo marrón e os ollos azuis.
Practica balonmán, baloncesto e piragüismo. Encántalle xogar ó brilé e non é moi fan da miña quenlla Willi, xa que un día mordeulle o dedo xogando.
El é moreno e sempre ven á miña casa en verán para ir á praia e xogar na Seca ao baloncesto e ao fútbol.
A súa comida favorita son os xurelos.
Eu, persoalmente, penso que é moi boa persoa e que non se cree superior aos demais, coma outros rapaces que eu coñezo. 
A Álvaro gústalle moito a natureza e as árbores e animais que viven nela.
Javier Fernández González 6º A

7 comentarios:

  1. As redacións son preciosas, pero o título de Breixo e precioso: ``A irmá de ouro´´

    ResponderEliminar
  2. me gustan todas las redacciones en jeneral pero la que mas me gusta es a de A MIÑA TÍA AVOA porque espresa los sentimientos de mercedes.

    ResponderEliminar
  3. Me gustan todas las redacciones en general pero la que mas me gusta es a de O MEU YOUTUBER FAVORITO por que describe moi ben a vegetta777.

    ResponderEliminar
  4. Hola, chicos soy Mauro y estoy de acuerdo con pablo!!!!JI,ji,ji,ji,ji,ji. Todos los dibujos son preciosos.

    ResponderEliminar
  5. A que mais me gusta e a de José describe moi ben ao seu irmán

    ResponderEliminar
  6. las fotos dan mucho miedo :(

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¿¿¿¿miedo?????? '' lla se que es una ironia '' :p

      Eliminar