lunes, 9 de octubre de 2017

Gústannos Moito Os Animais

A Miña Quenlla Willi
Teño unha quenlla na miña casa, chámase Willi. A min encántame darlle de comer. Come polo crudo e carne de porco, e, por algunha razón tamén come leituga!!!
Willi ven dunha piscifactoría. Alí chamábanlle Bernardo, pero a min non me gustaba, e púxenlle Willi pensando en Willirrex, un youtuber moi famoso. 
Willi é moi amigable. Un día que lle metín un cangrexo no acuario xogaba con el,  e a min sorprendeume moito que non o papara ao momento.
Ten unha pelota coa que xoga tódolos días. Encántame velo nadar entre as rochas e os corais decorativos do acuario. Cando poño a cara ao lado do acuario, Willi ven nadando e choca contra o cristal. Sempre imaxino que pasaría se eu fora el e el fora eu! 
Encantaríame tocar a súa pel húmida e escura como se fora aceiro e contar os seus afiados dentes.
Unha vez, no verán, metino na piscina e estaba máis feliz do que nunca o vira! É unha quenlla xenial!
Javier  Fernández González 6º A
 
DRAGÓN
O meu animal favorito é o dragón.
Eu sei que non é un animal moi gustado pola xente. Pero a min fascíname porque é diferente aos demais.
Eu represéntoo como un deus. Caracterízase por ser unha besta voraz e voar coas súas ás enormes.
Hai moitos tipos de dragóns, pero os esenciais son os de auga, os de terra, os de luz e como non, os de fogo.
Aínda non está demostrado que existan, pero as persoas fantasiosas soen crer en dragóns, ninfas, fadas, .... por iso algún día teño a esperanza de dicir:
- Mamá, ves como existen os dragóns?
Agora xa vos contei o que eu pensaba dos dragóns, pero só teño unha cousa máis por contar, e é que os dragóns son animais fortes, cariñosos, dependendo de moitas cousas boas máis. Por iso creo que merecen ser queridos como outro calquera animal.
Alejandra Sueiro Lima 6º A
 
Os Gatos Xoguetóns
O meu animal favorito é o gato. Tiven dous na miña casa. Un era negro e branco e o outro amarelo. Os dous eran moi xoguetóns, corrían por todas partes, non deixaban ningún lugar sen correr por el.
Eran aínda pequenos e tiñan as patas curtas.
Un día, un rabuñou o sofá, gritei hacia el e baixou a cabeza e as patas arrepentido. Empecei a acariñalo e rascábase coa miña man dando voltas.
Estábame indo e perseguíame a todas partes onde estaba.
Fun á cociña collín un cacho de carne, dinlla coa miña man e estaba comendo. Despois púxenlla nun prato e fun ao sofá ver a tele. El colleu a carne e púxose ao meu lado e vimos xuntos a tele.
Zouhair El Hasssani 6º A

O AMOR QUE SINTO POR LUANA
Cando chego á casa a miña cadela chamada Luana alégrase moito ao verme e cando vou saudala tírase encima miña e lámbeme como se fose un caracol.
Encántame tocar a súa pelaxe suave, marrón e beige coma o tronco dunha árbore e cuberta de manchas negras coma un Dálmata.
Polo fin de semana ao acabar de almorzar vou xunto ela e doulle de comer. Cando bebe é coma unha mangueira.
Tamén me protexe cando choro. Algunhas persoas pensan que morde pero é moi boa e eu mímoa moito. Cando fai algo mal xa sabe que fixo mal e agóchase para pedir perdón. Eu perdóoa e sigo xogando con ela.
Cando se senta dislle: pata! E dáche a pata!
Os seus ollos marróns déixanme hipnotizada, e como non a acaricio, ela lámbeme a cara.
O seu rabo é tan, pero tan peludo, que parece un plumeiro e cando a collo polo rabo ela dá voltas, e eu...
Irene Torres González 6º A

O HÁMSTER
O hamster é un animal roedor, moi pequeno, ao que normalmente gústanlle moito as pipas.
A min gústame moito porque ten un rabo pequeno e puntiagudo e unhas patas moi curtiñas. Tamén ten uns dentes incisivos moi grandes comparados co seu corpo. Adoita vivir nas casas, porque aos nenos como a min, gústanos moito.
Cando vive nas casas méteno nunha pelotiña que fai que este poida andar pola casa sen morder cables, cordóns, que non se meta detrás dos mobles, etc.
Eu tiña un hámster, era o meu mellor amigo, e miña irmá tamén tiña outro, de feito faciamos carreiras que organizabamos así: Metiámolos nas bolas e faciamos circuítos con zapatos. Quen antes chegara primeiro ao último zapato gañaba.
Brais García Rey 6º A

BOLI, A MIÑA CADELA
Eu teño unha cadela chamada Boli. É branca con manchiñas de cor canela claras. Penso que ela é moi mimosa e xoguetona, coa miña familia e igual na rúa, solta nalgunha praza.
Algunhas persoas creen que Boli é agresiva, pero eu considéroa a mellor cadela do mundo. Os seus costumes son o que fai sempre: xogar cos seus bonecos e cando estamos na cociña sempre sobe ás pernas do meu irmán. Durmir un montón, correr polo monte gozando do vento no seu fociño… e moitos máis costumes. Sempre está moi despeluxada cando se atopa moi, pero moi xoguetona e desfai os peluches máis antigos e descosidos da casa.
A ela encántalle comer e por iso está gordiña, porque come de todo menos froita, verdura e azúcares porque eses alimentos séntanlle moi mal. É moi divertida e quéroa un montón. É mala e boa á vez, cansada e alterada á vez, aburrida e divertida, e…
A CADELA PERFECTAAAA!
Yanira García García 6º A

A SERPE
A serpe é un réptil sen extremidades e cunha lingua moi longa. Ten uns ollos moi grandes para ver mellor as súas presas. O seu tamaño e cor pode variar, dependendo do tipo de serpe que sexa, podendo chegar ata máis de cinco metros.     
A maioría das serpes ten reprodución ovípara, é dicir, as súas crías nacen de ovos. A súa boca é enorme, pode tragar un coello enteiro, e tamén conta cuns cairos moi velenosos, que poderían matarte nunha hora. Aliméntase de pequenos mamíferos (ratos...) e dalgún que outro paxaro (colibrís...).
Poden vivir nos ecosistemas máis remotos, como por exemplo, os desertos, as sabanas e as xunglas.
Hai moitos tipos deste peculiar réptil: a serpe de cascabel, a pitón, a mamba negra, a anaconda, etc. Non che agradaría toparte cunha destas, xa que se a ves e che morde, tes que ir ao hospital máis cercano rapidamente ou podes incluso chegar á morte instantánea.
A min gústame porque cando se move é moi graciosa, deslizándose polo chan a gran velocidade. Aínda que aos meus amigos non lles guste polo veleno, a min gustaríame ter unha amestrada na miña casa como unha verdadeira amiga coa que xogar.
Yago Amoedo Martínez 6º A

O MELLOR AMIGO DO HOME
Para min o mellor animal é o can. Eu considéroo o mellor amigo do home.
Penso iso polo meu can morto recentemente. Ese can para min non era un can, era un amigo, máis que un amigo era un membro da familia. Pero eu perdinme os seus últimos momentos porque miña irmá é alérxica; pero puiden xogar con el bastante tempo e el comigo.
Este can era negro, pequeniño, co pelo rizado, sobre todo era moi cariñoso e xoguetón. Encantáballe xogar coa pelota ou co disco. Vivía na casa dos meus avós de parte paterna en Campolameiro nunha casa moi grande cunha finca espaciosa e con moitos animais cos que poder xogar todo o tempo que quixera; encantáballe enredar con máis cans, galiñas, coellos e ovellas por outra parte da finca.  
O   meu can ideal sería grande, branco, cariñoso, bonito, xoguetón e amigable como un labrador. E que sempre estea feliz e contento cando estea ao meu lado.   
Breixo Fentanes Gago 6º A  
                                                                  
O MEU GATO PEPE
O meu super gato gordo chámase Pepe e ten uns ollos enormes e de cor verde.
A súa gran comida favorita son os brekkies para gato!!! DARÍA O QUE fora POR ELES!!!
A súa afección é tirarse polas escaleiras abaixo,e, sobre todo, a calor.
É o pai de 4 gatos porque unha gata nosa pariu nun armario da miña nai. Dous deles son como o gato Garfield e son machos, e os outros dous negros e femias.
O pai dos nenos é do veciño, así que nomeamos a Pepe como o pai!!!
Fabián Bermúdez Abal 6º A
 
BALAENOPTERA MUSCULUS
O meu animal preferido é a balea azul, porque é o animal coñecido máis grande do planeta. É un mamífero mariño. Os adultos miden entre 24 e 27 m de lonxitude e pesan arredor de 100 e 120 t. O exemplar máis grande rexistrado medía 30 m e pesaba arredor de 173 t, moito, verdade? Por iso teñen que comer bastante. Aliméntanse de krill e algúns copépodos (pequenos crustáceos), non de Don Guepetto e de Pinocho. Comen entre 4 t de krill ao día e se teñen moita fame ata 8 t.
Algo que me encanta das baleas azuis é que teñen moitos segredos, e como eu son moi cotilla quero descubrilos. Por exemplo, sabiades que para durmir teñen medio cerebro activo e o outro durmido, para poder respirar?; que o seu corazón é do tamaño dunha persoa de 14 anos?; que podemos nadar apertados nalgunhas das súas veas e que non teñen dentes senón unhas barbas chamadas baleas?
Agora están protexidas e non se poden cazar porque antigamente a xente as mataba para conseguir graxa de balea, cos seus pelos facer as baleas dos paraugas, e porque como eran tan grandes pensaban que eran monstros. As pobres están en perigo de extinción. Temos que axudalas!
Mauro Lago Nogueira 6º A

A XIRAFA
A xirafa é un animal herbívoro e ruminante. Para min é o animal máis alto do mundo enteiro, e ademais ten un pescozo moi longo.
A xirafa é o meu animal favorito tamén porque ten unha cor amarela moi bonita.
Eu creo que é un animal moi bo pero eu penso que moita xente tenlle medo.
A min gustaríame poder vela algún día.
Creo que a xirafa pode ser un gran amigo para o home.
Lucía Cancela Rodríguez 6º A
 
LANA
Lana é unha cadela, unha caniche moi bonita, branca e pequena.
Vive coa curmá Andrea. Ás veces Lana ladra porque quere xogar. É moi traviesa e escapa rápido cando lle lanzo a pelota.
Agora estase facendo maior, pero segue sendo moi mimosa.
Maxim Boullosa Fernández 6º A

O PINGÜÍN  
O animal que me gusta máis, o primeiro de todos é o pingüín. Son moi monos, astutos e un pouquiño arteiros e graciosos.
O meu pai é de Arxentina e durante un tempo viviu nas zonas xeadas. Sempre me conta cousas dos pingüíns como que se lle das a un de comer, nun intre, tráeche toda a manda! E que sempre lle roubaban o peixe á xente, sobre todo ás velliñas. 
Encántanme!      
Marco Daniel Balsis Vélez 6º A
O KITSUNE
A min gústame o Kitsune porque me parece increíble. É moi bonito porque ten nove rabos! Oxalá tivera un na casa!
Case todos din que non existe o raposo de nove rabos que é o kitsune, pero para min existe, é moi real!
É un raposo de nove rabos e ten nove vidas. A cada vida que gasta cáelle un rabo.
Os kitsune poden vivir moitos anos, por exemplo 20.000 anos.
Os kitsune son moi rápidos, e só os hai no Xapón e poida que tamén na China. 
Rouxi Zhang 6º A
CLICAR AQUÍ PARA VER TODOS OS DEBUXOS

12 comentarios:

  1. tadas las historias estan muy bien pero la que mas me gusto fue A Miña Quenlla Willi

    ResponderEliminar
  2. Las historias son preciosas, pero mi favorita es la historia de Kitsune el zorro de nueve colas.

    ResponderEliminar
  3. Todos los dibujos estan muy bien, pero el que mas me gusta es el de Ruoxi es muy bonito.

    ResponderEliminar
  4. Todas as redaccións están marabillosas e encántanme. Enoraboa as novas Aguias de Lume.

    ResponderEliminar
  5. Que bonitas las redaciones

    ResponderEliminar
  6. Viva 6A siiiiiiiiiiiiiiiiii

    ResponderEliminar
  7. Me gustan mucho las redacciones no tengo favoritas

    ResponderEliminar
  8. Los dibujos también me encantan todos los dibujossobre todo la ballena el tiburon el de Ruoxi y el perro de Yanira

    ResponderEliminar
  9. El mejor Gif es el de Ruoxi

    ResponderEliminar
  10. Que bonitas redacciones!!
    SUPERAN LAS NUESTRAS DEL AÑO PASADO!!! jajja

    ResponderEliminar
  11. me encantan estos divujos

    ResponderEliminar
  12. me encantan estos dibujos

    ResponderEliminar