viernes, 6 de octubre de 2017

Visita Á Biblioteca De Piquín

No noso colexio temos unha biblioteca preciosa. 
O outro día a primeira hora baixamos ata alí para coñecer o proxecto deste ano: A Biblioteca dos Artistas, do que xa vos iremos falando.
Piquín, a Mascota da Biblioteca, estaba para darnos a benvida, claro! 
Alí lembramos todo o necesario para un bo funcionamento.
Tamén que nela podemos facer outras cousas ademais de ler. Como xogar ao xadrez, consultar información nos ordenadores e nas enciclopedias,...
De seguido ollamos unha curta preciosa que nos gustou a todos moito. A continuación puidemos curiosear todo o que por alí había. 
Interesáronnos todas as seccións e sobre todo a de novidades...
Con moitas cousas que ver e aprender!
Había quen estaba moi concentrado na lectura...
Quen quedou moi intrigado polos temas dos libros...
E quen buscaba avidamente nos andeis...
Había quen lía de xeito individual. 
De dous en dous...
De tres en tres, ...
Xa sexa sentados...
Ou tamén de pé...
É magnífico ter tantos libros na nosa biblioteca á nosa disposición!
 Lucía Cancela Rodríguez e Mercedes Barragáns Padín 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS FOTOS DA VISITA 

1 comentario: