E por fin hoxe 10 de novembro chegou o magosto
á escola!
E non se podía celebrar mellor que realizando
moitas actividades.
A nós, os de 3º Ciclo, tocounos en sorte
saltar á corda.
Sara resultou gañadora en dúas ocasións!
E Brais saltaba con moito xeito!
Non deixamos atrás a carreira de sacos... Onde algúns de nós
resultaron algo magoados pola paixón que lle poñiamos...
Tamén participamos en xogos co paracaídas e outros lanzando
aros a picas e ladrillos.
E claro, non podería ser un bo magosto sen
castañas...
No momento do recreo cando chegamos ao patio xa
vimos que as estaban asando.
Sempre resulta interesante e puxémonos todos a
mirar un bo anaco...
Mentres nós estabamos cos xogos fóronse asando
todas e logo chegou o momento de repartilas...
E comelas...Ummm... eran poucas pero... que boas estaban!!!
Por certo que... mirade que bolsas tan artísticas pintamos para a ocasión!
Despois de rematado todo, subimos á aula e rematamos o día escoitando unha boa música!
Breixo Fentanes Gago e Yago Amoedo Martínez 6º
ACLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO MAGOSTO
Que ricas estaban esas castañas!!!!!!!!!!!!!!!!🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰🌰
ResponderEliminarE que divertido foi todo.
ResponderEliminarPorcerto estaban ricas as castañas, e que gracia fai cando saltan.
ResponderEliminarQue boas estaban as castañas o momento que mas gustoume foi cando estabamos comendo castañas e escoitando musica.
ResponderEliminarQue buenes estaban las castaña, y las bolsas son muy bonitas.
ResponderEliminarMe gusto las fotos cunado saltaban a la comba
ResponderEliminarViva el magos del C.E.I.P Manuel Vidal Portela
ResponderEliminar