sábado, 2 de diciembre de 2017

Na Busca De Cogomelos

O outro día fomos buscar cogomelos.
Pero antes diso tivemos unha charla onde nos informaron sobre as diferentes clases de fungos e cogomelos.
 Así puidemos saber cales eran comestibles e cales non. Tamén cales eran tóxicas ou non. 
Tamén coñecemos algunhas das súas propiedades como se son picantes, correosas, tóxicas antes de cociñalas ou mesmo mortais.
Logo fomos á parte práctica e a que máis nos gustou: ir buscar os cogomelos!
Saímos da escola cara á Ponte dos Tirantes.
 Mesmo fronte ao Pazo da Cultura xa nos puxemos a investigar pero aínda non atopamos nada.
O noso Río Lérez era un espello onde se reflexaba a nosa cidade.
As árbores do paseo ofrecíannos unha variada paleta de cores.
De repente unha voz alertaba da presenza dun cogomelo! Era un Peido de Lobo!
Xa cun sorriso nos beizos continuamos cara á Illa das Esculturas.
A pasarela peatonal atopábase baleira de xente.
 Nesta zona comezamos a ver máis especies de cogomelos.
Nós tiñamos a axuda de Amancio, da Asociación Brincabois quen tamén foi quen nos dou a charla.
El ía preparadísimo para iso de buscar cogomelos cun bastón para apartar as follas, unha navalla para retiralos sen romperlles nada... 
E unha cesta para ir gardando a colleita.
 Estaba un día fermoso e iso notábase na paisaxe.
Pero nós seguíamos coa nosa aventura na busca dos cogomelos.
Cruzamos unha das pasarelas de madeira que hai na Illa.
E aínda atopamos algúns bastante interesantes.
Amancio explicábanos todo sobre eles con moita paciencia.
E nós escoitabamos con moita atención!
Sabiades que para ver que clase de cogomelo é tamén hai que cheiralo?
Mirade que bonitos estaban estes todos xuntiños!
Algunhas especies eran coloradas aínda que non medraran moito por falta de auga!
 Había algúns que tiñan vermes e todo!
Ata atopamos a Amanita Faloides! A mortal!!!
 E resulta que non é vermella! É branca cuns tons verdosos case fluorescentes!
Total que foi unha boa colleita e marchamos moi contentos para o cole!
Uns patos descansaban na beira do río.
E nós de camiño á escola seguiamos coa recolleita!
  Breixo Fentanes Gago e Irene Torres González 6º A

8 comentarios:

  1. hola soy ivan de 6º esta todo muy chulo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Hola Iván! ¡Nos gusta mucho que andes por aquí!¡Muchas gracias por tus palabras!

      Eliminar
  2. E incrible!!!! Atopar a mortal foi moi interesante e divertido, nunca o olvidarei.

    ResponderEliminar
  3. E incrible!!!! Atopar a mortal foi moi interesante e divertido, nunca o olvidarei.

    ResponderEliminar
  4. Ha Yanira daballe ganas de zamparse a mortal e a picante, por que tiña moita calor.

    ResponderEliminar
  5. Como ya veo sigues haciendo cosas alucinantes como el año pasado enseña este comentario a todos tus alumnos para que se enteren de la pedazo profesoraza que tienen.Yo como ves sigo dando guerra y no me vas a quitar de encima en unos añitos.¡¡¡¡¡TE QUIERO PROFEEEEE!!!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ¡Hola Daniel! ¡Cómo me gusta verte por aquí y poder saber de ti!¡Tú da toda la guerra que quieras que tú sabes que yo puedo con todo! :) ¡Muchas gracias por tus palabras! ¡Yo también te quiero!¡Besos!

      Eliminar