jueves, 11 de enero de 2018

Coidemos A Natureza Co Invisible Nikolaus

Un día do mes de decembro fomos ao salón de actos do noso colexio ver unha obra de teatro titulada “O Invisible Nikolaus”.
Ía sobre un touro chamado Cortés que baixo ordes do “gran xefe” tiña que talar árbores para construír casas. 
Pero cando quixo derribar unha de súpeto apareceu un esquío de cor negro que falou con el, parouno e conseguiu que se fixera amigo das árbores.
Logo veu unha pingüina arxentina que lle contou moitas cousas para loitar a favor do medio ambiente.
Despois quen apareceu foi “A Nai Terra”. E foi un momento moi gracioso porque o touro comezou a lanzala por todo o salón de actos.
Para que nós puidésemos enviala cada vez máis lonxe.
Todos queriamos tocala!
E claro, a pobre acabou toda mareada!
De súpeto escoitouse un coche... Era o gran xefe e A Nai Terra foise correndo.
E resultou  que en realidade o gran xefe era un neno da nosa idade que só tiña medo de estar só, por iso mandaba o touro talar as árbores para construír casas e así que pensaran que era forte e poder estar con el.
Despois de contarlle toda a súa historia fixéronse amigos e polo tanto tamén amigos das árbores.
E todos nós tamén ficamos un pouquiño máis concienciados de que temos que coidar a Natureza!
 Breixo Fentanes Gago e Alfonso García Carmuega 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO TEATRO 

3 comentarios:

  1. Encantoume ese teatro, eu toquei o globo terráqueo.

    ResponderEliminar
  2. encantoume a obra de teatro era moy divertida e entretida e encantabame as cancions e abia unha parte na que o touro e a pengüin estaban a punto de darse un beso pero non seo daban dado e todo o mundo estaba inpaciente, cando por fin se o deron todo o mundo alegrouse.

    ResponderEliminar
  3. O pasamos xenial!!!!! Foi divertidísimo cando o toro lanzounos o globo.

    ResponderEliminar