domingo, 14 de enero de 2018

O Noso Cadro Dunha Exposición

Era un día normal, o sol iluminaba a nosa clase, os paxaros cantaban en perfecta harmonía. Seguiamos a nosa rutina, traballabamos na nosa cuadriculada libreta resolvendo irresolvibles problemas.
Dada unha precisa hora, un perfecto minuto e un precioso segundo a nosa xentil profesora decidiu propoñernos un arriscado traballo. Teriamos que buscar no máis profundo da nosa alma, encontrar intelixentes ideas orixinais e coa nosa suave man debuxar ou realizar tridimensionalmente esas intelixentes ideas.
Ao día seguinte no recreo un grupo de valentes reuníase para realizar o arriscado traballo. Despois dunha pausa a profesora propuxo unha chuvia de ideas críticas. En canto pronunciou “chuva de ideas” todos nos quedamos in albis pero tras un par de segundos converteuse nun torrente de palabras expresando o que queriamos plasmar.
Unha árbore con mouchos da sabedoría, sobre a que voan negras andoriñas e da que saía un deslumbrante arco da vella rematada por bolboretas...
Un poboado imaxinario e unha toupeira moi culta...
Un piloto bastante inexperto que voa moi preto do sol axudado pola nosa aguia de lume...
Unha rapaza con paraugas sobre o que chovían follas e corazóns... 
Un estanque de parrulos onde navegan barcos de papel que atraen a un pingüín e un cervo despistados...
E despois do duro traballo de mestres debuxantes e outros artesáns logramos o que a colonia de 6º A denomina: “Maxia e arte na Natureza”. 
Despois chegou o momento de expoñelo e fixémolo conxuntamente con outras aulas da escola na exposición arredor da “Biblioteca dos artistas” o proxecto que estamos a traballar este ano.
 Mauro Lago Nogueira e Javier Fernández González 6º A

2 comentarios:

  1. Foi moi divertido facer o traballo.

    ResponderEliminar
  2. a verdade e que o piloto si que ere moy inexperto, caeuse do avión cando o expusimos.

    ResponderEliminar