viernes, 23 de febrero de 2018

Exposición: Page Tsou "O Xogo Das Agachadas"

Onte día 22 de febreiro fomos ata O Pazo de Cultura visitar unha exposición.
Saímos na hora do recreo e camiñamos a través da Ponte Dos Tirantes.
O Pazo da Cultura estaba aí a esperar por nós!
E o artista, Page Tsou e a súa fermosa obra tamén!
A exposición leva o título Hide- and- seek” “ O xogo das agachadas” e xira arredor da obra deste artista de Taiwan.
Os primeiros cadros que contemplamos trataban de persoas vistas por detrás.
Trátase dunha experiencia do autor que el titulou The And que o levou a retratar só calugas!
Tamén nos chamou a atención a serie Toy Car onde os protagonistas son os coches con condutores con pistolas.
Había moitos cadros e temas diferentes. O que fai moito Page Tsou é interpretar un tema de diferente maneira á tradicional.
Por exemplo co tema bíblico de Noé: en vez de ir na arca que todos esperabamos Tsou fai que vaia voando en globos aerostáticos.
Gustounos moito o cadro onde nos representa a evolución dunha estrela ata o logo dunha marca comercial de plumas de escribir.
Ás veces Tsou traballa por encarga e ten que facer o que lle pidan como este cadro dunha barbería.
 Ou un libro acordeón con moitas escenas que nos gustou moito.
Esta obra ilustraba un disco dun músico do seu país.
E mirade tamén esta das plumas danzantes!
Algo máis tarde tocounos a nós converternos en artistas.
Primeiro puxémonos nunha ringleira e tivemos que debuxar a caluga da persoa que tiñamos diante.
E a verdade é que non se nos dou nada mal e quedamos moi satisfeitos!
A continuación realizamos un taller de expresión plástica.
Sentados diante dunha longa mesa intentamos plasmar as nosa ideas coa axuda do material que tiñamos ante nós! 
Pero non imitando a realidade senón intentando cambiala segundo a nosa visión para idear un libro acordeón.
A verdade é que saíron moi ben porque usamos a nosa imaxinación e fantasía!


Cando acabamos saímos de alí saímos moi contentos e chegamos á clase felices de saber algo máis sobre iso tan marabilloso que é a arte!
No río Lérez un solitario piragüísta deslizábase augas abaixo lentamente.
 Irene Torres González e Yago Amoedo Martínez 6º A
CLICAR AQUÍ Y VER TODAS LAS FOTOS DE LA VISITA 

2 comentarios:

  1. Foi moi divertido, e fíxate hai moita imaxinación.

    ResponderEliminar
  2. Me da mucha gracia la foto de yo y marco mirando hacia arriba.

    ResponderEliminar