miércoles, 21 de febrero de 2018

Poetas de Grúas, Greas E Guindastres

Rúa Baleira
Sempre que estou só                                                  
soa un retrouso,
triste e ciumento.                                                      
Aparece unha grúa
e dígolle: ¡lévame, lévame pola rúa!             
Paro no bosque...
Vexo unha grea salvaxe!
Eu con afouteza acércome por detrás.
Pero dan unha couce
que ceibe quedarás.

Por fin chego á cidade!
Vexo guindastres...                             
Chego á casa
É hora de deitarse...
Irene Torres González 6º A

A RÚA
Na rúa hai grúas e greas.
Teño ciumes de que sexan ceibes
e de que as greas corran no monte
con retrouso e afouteza.                             
E non coma min
que teño guindastres por ás,
e non me  podo mover por alí,
pero estou feliz de velas así.
Ruoxi Zhang 6º A



CEIBE
Eu por fin son ceibe!
Canto coas grúas
correndo pola rúa.
Xa non sinto ciumes
polo home que quería.

Tiven afouteza en dicirlle
que non o quería.                   

Cando vou ó monte
vexo a grea galopando
coas crinas molladas...   

Sinto liberdade!                                      

Xa podo facer o que quero!
Non paro de cantar
e compoñer cancións
mentres canto o seu retrouso!
Mercedes Barragáns Padín 6º A

Cantar
Ciumes sinto por este retrouso!
Canta a xente e tamén os mozos!
Grúas voan polo ceo...
Tanta xente coma unha guindastre!

Cabalos vense polas montañas correndo...
Ese retrouso fala da rúa.
Ceibe son coma a lúa
afouteza sinto por esta festa
mentres vexo a grea galopar.
Abel Luís Franco Rosón 6º A

A Grúa
Eu teño moitas ciumes,                  
daquela grúa da rúa.

Aquela grúa ten moita
afouteza,porque pode
voar ceibe enriba da grea.

Un retrouso apenado,
teño na cabeza.
Cando a grúa se vai,
quédome a vela.

Apenado vendo guindastres
pola rúa,pensando na grúa.
Mitxel De Sousa Rodríguez 6º A

Ciumes Das Greas                       
Teño ciumes das greas                   
tan ceibes para voar                      
cara ás lonxanas estrelas.              

Teño mágoas polas grúas              
presas na grandiosa lúa.                 

Teño afouteza para conseguilo      
penso loitar ata gañar!                  
e gritarei pola rúa a quen             
non confía: penso gañar!               

Ó escoitar o retrouso                     
da miña canción favorita                                                      
dixen: agora sí que non                          
preciso guindastre para me levantar.
Breixo Fentanes Gago 6º A

O MEU DÍA DA SORTE
Por fin, podo saír á rúa
con afouteza!                           
pero cando te vexo con el
sinto ciumes...

Aínda podo escoitar
o retrouso da nosa canción!                  
Ven comigo voar na grúa
e miraremos as estrelas...

Ven pasear pola rúa,
e monta comigo na grea!

Iremos onde ti queiras!
Alfonso A. García Carmuega 6º A

O PASEO DA RÚA FERMOSA
Pasaba eu pola rúa
e vin unha guindastre
coas grúas por enriba súa.

Con moita afouteza
traballan para estar ceibes
e colocar a última peza.

Ciumes tiñan os obreiros                      
de cantar o retrouso da vitoria
e correr coma unha grea
para anunciar a gloria.
Sara Fontán Cacheda 6º A



SENTIR
Soaba un retrouso,
dunha canción da rúa, eu penso.
Con ciumes sinto a túa afouteza,
do teu bailar, miña alteza.

Na grea, corro e sinto,
ser ceibe, e xusto.
E mentres cabalgo moi segura,                          
vexo un guindastre en forma de grúa.

Moi maxestosa, elegante,
cunha dor a romance!
Yanira García García 6º A

2 comentarios: