sábado, 17 de marzo de 2018

Poemas Personais Á Beira Do mar

Cada Persoa
Cada persoa é diferente,
e se non o soportas, méteo na mente.

Cada persoa é como é,
e se non o aceptas, amólate e toma té.

Cada persoa quérese a si mesmo,
e se non che gusta, fai turismo.

Cada persoa é dunha maneira,
e se non o respectas, 
dá un paseo pola feira.

Cada persoa é un mundo distinto
ti, fai o que queiras,
o que che salga do instinto.
Sara Fontán Cacheda 6ºA


Dende Que Me Deixaches
Eu choraba,
e o vento batía contra as ventás.  
E por que choraba?                           
Porque ti non estás.

Dende que me deixaches
vivo en penumbra,
nunha zona escura
do barrio da amargura.

Estráñote moito,
son incapaz de vivir sen ti
e sen sequera un biscoito…

Se non estás comigo
non quero vivir.
Yago Amoedo Martínez 6º A

Temporal                  
O vento sopra,
as follas voan,
con mal tempo
eu estremecía de medo.

Cando camiñaba ao lado do porto,
vía como se movían as ondas.             
Os paxaros voaban nas estradas.

O vento parou,
pero sigo tendo frío
ata que por fin sae o sol sorrindo.
Irene Torres González 6º A

Os Sentimentos
Tremen os carballos,
repenica o río...
Sen eses teus ollos
non vivo, non vivo.

Pequeniño, pequeniño,
así me sinto eu
sen ti, pequeniño...
                                                     

Voan as pombiñas
polos vidueiros,
faltáchesme ti,
perdín o contento.
Alfonso A. García Carmuega 6º A

Música
O meu can xoguetón
xoga co vento
cando os paxaros
cantan ao tempo.

As ondas do mar
chocan coas rochas                              
mentres que o sol
dirixe unha banda
con musica feita
pola natureza
e cantada pola abella.
Lucía Cancela Rodríguez 6º A

Soíño Coma Sempre
Eu hoxe estaba só.
Mirando pola ventá,
só e sen falar.

Vendo unha onda
quedei abraiado.
De súpeto,
un vento rozou a miña cara.         
Máis que rápido
aos paxaros arrasaba.

O sol alumeaba
o ceo na miña cara.
Chegou de súpeto a noite,
o sol desaparecía
porque lle tocaba á lúa.
Mitxel De Sousa Rodríguez 6º A

6 comentarios:

  1. Os poemas son moi bonitos, gustoume moito o guif do poema de Lucía.

    ResponderEliminar
  2. Eu tamen penso que os pemas so moi bonitos pero a mi gustaronme moito todos os guifs e todos os poemas

    ResponderEliminar
  3. Eu tamen penso que os poemas so moi bonitos pero a mi gustaronme moito todos os guifs e todos os poemas

    ResponderEliminar
  4. Fermosísimos todos os poemas encantóume o de Sara e tamén os demáis!

    ResponderEliminar
  5. Me encantan todos los poemas.

    ResponderEliminar