O xoves pasado o alumnado de 6º fomos ata o
CEIP A Xunqueira 1 para realizar unha
convivencia-intercambio lector.
Cada un de nós, en parella, ou mesmo
individualmente tiñamos que ler un conto a nenos e nenas de Infantil.
Para iso, previamente, saímos da escola e fomos
pola beira do Lérez.
Camiñando animadamente.
O día axudounos presentándose azul e luminoso.
Ao ir achegándonos xa no fomos poñendo algo
nerviosos.
Na Xunqueira xa nos estaban esperando.
Despois de recibirnos, repartíronnos
mesturados co alumnado de infantil.
E alá marchamos a buscar un bo lugar para
comezar a lectura.
Creo que todos todos estabamos con algo de vergoña
pero comezamos a lectura moi animados.
Daba gusto mirar o patio cheo de persoas miúdas,
unhas a ler e outras a escoitar.
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA LECTURA
Calquera recuncho era bo!
Cando rematamos os nenos regaláronos uns
marcapáxinas, uns pasteis de chocolate e mais un bico.
Todos os nenos despedíronse e nós fomos para
clase.
Facía moito calor pero estabamos moi contentos
pola experiencia realizada de ser contacontos.
Mercedes Barragáns Padín e Javier Fernández
González 6º ACLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA LECTURA