Certo dia soleado con vento templado fomos
facer unha visita ao Salón do Libro.
Antes de saír da escola nós non sabiamos que
non iamos ir sos ata alí.
Resultou que fomos acompañado aos nenos e
nenas de 4º de Infantil que ían ao mesmo sitio que nós!
Era unha grande responsabilidade e levámolos collidos
das mans.
Cando iamos pola Ponte dos Tirantes era bonito
vela toda chea de xente miúda.
Por fin chegamos sans e salvos ao Pazo da
Cultura que é onde se celebra O Salón.
Os pequenos entraron primeiro, xa separados de
nós.
O primeiro que vimos foron fermosos fíos
colgados do teito e a Orbil, a mascota do Salón.
Que non dubidou en poñerse a bailar con nós.
Logo de
subir por unhas eternas escaleiras sentámonos para asistir a un obradoiro.
Traballamos con plastilina, leds e circuítos
para conseguir acendelos.
E a verdade que o conseguimos!
Logo debuxamos, recortamos, pegamos...
Todo
con tal de elaborar unhas bonitas postais con luces incluídas!
E chegou o momento de botar unha ollada a todo
o demais que había no Salón do Libro. E o primeiro que atopamos foi o noso traballo!
Estaba rodeado de moitas outras colaboracións doutras
escolas e artistas diversos.
As paredes estaban cheas de motivos literarios
ou non arredor das Mulleres de Conto, o lema do Salón este ano.
Tamén fomos a unha sala especializada en
México, o país convidado nesta XIX edición do Salón.
A monitora explicounos o significado de todos
os obxectos e debuxos alí representados.
Gustounos saber das 68 linguas faladas en México.
Ata lemos textos nalgunhas delas!
Aínda houbo moito máis... Pero seguro que vos
gustará coñecelo de primeira man pasando por alí!
Nós regresamos á escola felices e contentos cun
bo recordo, cos tirantes da Ponte como testemuñas.
Lucía Cancela Rodríguez, Breixo Fentanes Gago e Yanira Garcia García 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA VISITA
Lucía Cancela Rodríguez, Breixo Fentanes Gago e Yanira Garcia García 6º A
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DA VISITA
Foi moi divertido.
ResponderEliminar