viernes, 13 de marzo de 2015

Paseo Cultural Por Combarro

O venres pasado fomos a Combarro de excursión.
Alí un profesor, Rafa, fixo de guía para ensinarnos o máis interesante.
El, nada máis comezar, sentados no peirao, díxonos que pecharamos os ollos e que escoitáramos os sons do noso arredor.
Logo explicamos o que escoitaramos e había sons para todo: algúns escoitamos un can, outros escoitaron o son do mar, a brisa do mar, o vento, os  barcos, os coches, as gaivotas,...
Camiñando atopamos a praza da Chousa e aproveitamos para tomar a merenda. Estábase ben alí e enterámonos que antes naquel sitio había unha praia.
Logo o profesor ensinounos tres hórreos diferentes: un era de madeira, outro de pedra e o último era mixto, de madeira e pedra. E contounos como se chaman as diferentes partes dos hórreos, os materiais cos que se construían  e para que se utilizaban.
Un rato despois fomos ver tres cruceiros que, curisamente, apuntaban ó mar.
Continuamos a visita polo pobo admirando a construcción das casas de pedra, os seus balcóns, as solainas, os soportais...
Gustounos moito un recuncho con encanto co nome O Potiño.
Máis tarde fomos a unha praia onde ao seu carón había un eirado con hórreo e cruceiro.
Tamén Rafa ensinounos un álbume de fotos antigas de Combarro onde había tamén fotos de persoas da súa familia. Desde alí admirábase un conxunto de hórreos próximos ao mar que son a admiración de toda a xente que pasa por Combarro.
Combarro gustounos moito e para nós foi un día xenial e divertido.
Adrián López Fernández e Pablo Murillo Mateos 6º B
CLICAR AQUÍ E VER A RUTA EN WIKILOC 
CLICAR AQUÍ E VER TODAS AS FOTOS DO PASEO

No hay comentarios:

Publicar un comentario